sábado. 21.06.2025

Programa especial XII Festa do Codillo da Rúa

Radio Valdeorras Onda Cero acolleu hoxe o programa especial da XII Festa do Codillo da Rúa, no que participaron parte dos protagonistas do evento que terá lugar mañá sábado día 26 de xaneiro. O pavillón do Aguillón acollerá a comida popular a partires das 14.30 horas e, tras ela, chegará a troula que comezará nestas mesmas instalacións e que se prolongará ata altas horas nos bares e restaurantes da vila cos famosos cantos de taberna.

Connosco no estudio estivo o alcalde da Rúa, Luis Fernández Gudiña, e o ex alcalde José Vicente Solarat, en representación nesta ocasión de seu pai, Vicente Solarat Maceda, un dos homenaxeados deste ano a título póstumo. A través do teléfono, puidemos falar co entrenador do equipo CD Rúa, Javier Ferrer, en representación do clube, homenaxeado polos 50 anos de andadura.

A través do teléfono tamén, puidemos comprobar que no Codillo pásase moi ben contactando con parte da delegación de Almendralejo, cidade irmandada coa Rúa dende o 2002. O seu alcalde, José García Lobato, corroborou que él mesmo e outros seis membros da corporación ían de camiño co obxectivo de participar da troula e sumar un ano máis de asistencia a esta gran festa.

E despois de falar cos expertos, fixemos o propio cos «novatos» deste ano, para coñecer cómo afrontaban a súa primeira vez. Así, a alcaldesa de Lourenzá, Lugo, Rocío López, advertiu que 30 persoas serían os representantes asistentes á festa, e propuxo un maridaxe moi especial do Codillo cas famosas fabas desa terra.

Se queres escoitar o programa, na seguinte ligazón:

Programa especial XII Festa do Codillo da Rúa