lunes. 09.06.2025

As entradas para Festa do Codillo están casi esgotadas

As 1000 entradas postas a venta para a Festa do Codillo esgotáronse en cuestión de horas. Dende o Concello decidiron por 100 entradas máis 
somoscomarca_arua_festadocodillo2023 (58)
somoscomarca_arua_festadocodillo2023 (58)

A "febre das Festas das Gastronómicas" seguen recorrendo a zona de Valdeorras. Onde, día 21 de xaneiro, puxéronse a venda as entradas para a Festa do Codillo. Ás 11:30 da mañá xa se esgotaran as 1000 entradas postas a venda. E abríase unha lista de agarda con un total de 51. 

Dende o Concello explican que, xunto coa empresa, decidiron editar 100 entradas máis que serán repartidas por estrito orde de solicitude a partir de hoxe, 22 de xaneiro, na Casa do Concello de 9:00 a 14:30. 

O que se fixo foi comezar por esas 51 entradas que quedaran xa onte en lista de agarda. Ás 13:10, María Albert, alcaldesa do Concello da Rúa, anunciaba que «case están todas vendidas, en estos momentos quedan 3 entradas dispoñibles». 

Seguirase collendo lista de agarda para todas esas persoas que decidan facer a devolución da entrada que se poderá facer ata o xoves 25 ás 14:15 horas.

O foro xa non ten posibilidade de volverse aumentar, «non é que non colla máis xente, pero esta festa ten a tradición de colaborar o Club Deportivo Rúa que acostuma por unha barra», explica a alcaldesa. O que engade: «Tamén nos interesa moito que a xente poida estar nunhas condicións folgadas». 

As entradas para Festa do Codillo están casi esgotadas