A falta dun mes para que comecen os festexos na Rúa, a súa alcaldesa, María González Albert, aclara a motivación pola que as Festas de Verán non se poden facer na súa totalidade no centro da vila e por iso se optou polo Aguillón.
A seguridade dos veciños e a de todos os que se acheguen nesas datas á Rúa é o principal motivo do cambio. «É unha necesidade vital, legal e sobre todo de seguridade para este Concello», sostén a alcaldesa.
O pasado ano non se puido tomar esta medida xa que o cambio de goberno foi a mediados de xuño e as festas xa estaban «moi programadas, pero xa avisamos daquela que era a última vez que se facían naquelas condicións de inseguridade, de incumprimento da lei, nun entorno como é a calle da Estación».
Antes de tomar a decisión do traslado de parte da festa, fíxose un traballo previo e falouse coa empresa que xestiona o andén de ADIF para ver se era posible que se puidera usar, xa que permitiría aumentar o espazo e así ter a posibilidade de desenvolver alí as festas. Non foi posible, ese «foi o elemento clave e definitivo para decidir que se trasladasen aquí abaixo».
O lugar que ate o de agora acollía os festexos era a Praza da Estación e a rúa Dr. Vila, pero a grande dimensión dos escenarios que traen agora as orquestras ocupan toda a praza e a rúa convértese nun «cuello de botella» xa que só ten dúas saídas laterais e a evacuación no caso de que pasara algo é moi complicada.
«Ante esta situación había un entorno que era evidente que é este onde estamos», refírese Albert ao antigo campo de fútbol. «Un espazo grande que acumula máis dunha hectárea que nos fai permitir facer as festas con seguridade».

No Aguillón desenrolaranse as grandes actuacións e as grandes atraccións os días 2,3 e 4 e o outro tipo de actividades como as charangas, o «Encontro de Pinchadiscos» e as orquestras a partires do día 5 de agosto xa serán no centro do pueblo.
A todos os hostaleiros «váiselle dar a oportunidade de instalar un posto no recinto das festas e todos van a ter a mesma oportunidade de vir. Poremos un prezo único asumible, instalaremos unhas carpas individualizadas para cada un».
Desde o concello prantéxanse as festas coma unha actividade cultural. En canto as típicas, a primeira é a de Verán, a semana seguinte a Bacofesta e na seguinte as Festas do San Roque. Respecto ao deporte haberá campus de fútbol e de baloncesto; clases de zumba e ioga, orientación ou tenis.
En canto á música a alcaldesa pon o foco en que «vai ser un vran que fai tempo que non temos». Subliñou que isto «ten moito que ver coa Axencia Galega de Turismo de Galicia» que está colaborando moito co Concello.
«Van a ser diferentes e esperamos que sexan as mellores en moito tempo», conclúe María Gonzálrez Álbert, alcaldesa da Rúa.