
A alcaldesa da Rúa, María González Albert e o concelleiro, Vicente Solarat López presentaron o calendario cultural e festivo do vindeiro trimestre que aposta por «una programación continua e estable durante todo o ano» segundo apuntou a primeira edil.
Aínda que datas como Samaín, Magosto ou Nadal estarán presentes na axenda, «trátase de fuxir das datas específicas», apostando por «una programación o máis ampla posible que comprenda todos os públicos e actividades para todas as idades», recalcou.
O proxecto da Xunta «Sabor a mar» inicia este non parar de citas, o 19 de setembro. «Durante a mañá e tamén pola tarde haberá degustacións gratuítas de distintos petiscos elaborados con produtos do mar», apuntaba Solarat. «Ao día seguinte, grazas tamén a Xunta de Galicia está previsto a representación ‘Encontro Máxico no Pico Sacro’, da compañía Queimán e Pousa».
Por ser un espectáculo de rúa e no que ademais está presente o Camiño Xacobeo, o lugar elixido vai ser a praza de Fontei posto que por aí pasa o Camiño de Inverno. «Entendemos que é un ideal para este tema e tamén unha homenaxe que no seu día foi quen de crear o Camiño de Inverno», sinala o concelleiro.
«É a lenda e historia do nacemento do Camiño de Santiago, do descubrimento da tumba do apóstolo», significa. «Un espectáculo musical de «folk-rock», engade. Se o tempo non acompaña, tentarase por unha carpa, xa que non se podería facer no Centro Cultural Avenida pola propia esencia doa obra»
O 4 de outubro comeza o cine comercial e partires de aí haberá proxeccións todos os fins de semana a excepción de cando «veñan espectáculos da REAU» que será dous polas datas da ponte de decembro.
No caso do día 2 de novembro será o magosto se o tempo permite, senón cambiarase a data. Tamén haberá Samaín, Nadal, Codillo, Entroido. Desde o Concello xa pensan tamén o verán que será «nunha formula similar ao deste ano. É dicir, escapar do concepto de concentración festiva en seis días seguidos e espallalo durante os meses de xullo e agosto».
No seguinte vídeo está a rolda de prensa completa: