jueves. 18.04.2024
P_somoscomarca_240309_arua
P_somoscomarca_240309_arua

O Concello da Rúa acolle este sábado día 9 de marzo ás 12 da mañá a I Gala Corona González. Este acto será no Centro Cultural Avenida. «Espero que sexa unha gala simple, pero moi emotiva», asegura María G. Albert, alcaldesa do Concello da Rúa. 

Durante esta mañá vanse homenaxear a catro mulleres, farano polo que «representan por si mesmas, pero tamén polo que representan nun colectivo infinitamente máis grande», explica Albert. O sector elixido para esta primeira gala foi o comercio local, entón «escollemos a catro mulleres que xa están xubiladas, moitas delas fai bastantes anos, pero que por distintos motivos, teñen un simbolismo co que ten que ver con este día», asegura a alcaldesa.  

I Gala Corona González no Centro Cultural Avenida da Rúa