domingo. 08.06.2025

Fina, Carmen, Teresa e Toñita. A Rúa homenaxea a catro mulleres do comercio polo Día da Muller

Catro vidas e catro historias cun fío que as cose o seu amor ao traballo e a paixón pola vila onde o desenrolaron.  Serán as primeiras homenaxeadas na gala Corona González

O Concello da Rúa quere que este ano as mulleres se vexan reflectidas nos actos públicos e de homenaxe que se farán polo 8M. «As mulleres temos colaborado moito en todos os lugares para facer da Rúa o que é. Teñen desenvolvido profesións moitas veces non públicas ou non recoñecidas publicamente e entendíamos que o 8 de marzo era a data ideal para comezar con ese recoñecemento», sinala a alcaldesa. María González Álbert.

Fina, Carmen, Teresa e Toñita serán as primeiras en recibir unha homenaxe que vai máis aló delas mesmas, xa que representan un colectivo máis grande: o do comercio local.

A gala centrarase nelas e no comercio local da Rúa que tradicionalmente estivo ligado á figura das mulleres. Para  iso escolléronse, entre máis de duascentas, a catro mulleres que xa están xubiladas pero que as representan a todas.

Dúas tiveron os seus negocios alonxados do centro da vila. Son Fina e Carmen, a primeira na parroquia de Santo Estevo e a outra no barrio de Fátima. Teresa e Toñita, pola contra, tiñan a tenda no centro urbano, o lugar onde estivo máis asentado o comercio local, un ultramarinos e unha perfumería, respectivamente.

As catro recibirán o premio Corona González ó sábado, 9 de marzo no Centro Cultural Avenida, ás 12.00 horas. Aproveitase así este recoñecemento público para saldar a débeda histórica con Corona González, unha muller que nos anos 20 do século pasado tivo una gran repercusión pública con artigos de opinión publicados na revista Céltiga e A Nosa Terra. A emigración e os dereitos da muller —explicaba como as mulleres debían ter formación e independencia económica para tamén ter independencia no resto da súa vida— eran os temas principais das súasopinións.

Fina: «Cincuenta e un anos detrás do mostrador da Tienda da Toñita»

Josefa Álvarez Díaz, Fina, desde os 14 anos até o 2019 que se xubilou estivo detrás do mostrador da Tienda da Toñita —propiedade dunha tía por parte de pai que ademais da tenda posuía un posto na prazas de abastos da Rúa—. Toñita colleu o negocio no 68 e Fina acompañouna. Durante 34 anos estiveron lervandoo xuntas e logo  a sobriña 17 máis sen a fundadora.

somoscomarca_240308_arua_diadamuller_homenaxemulleres (15)
As notas facíanse de cabeza e ou con papel e bolígrafo

«Era unha tenda que tiña de todo: ferretería, droguería, librería, mercería, mercería, comestibles...». Destaca Fina a vis ita dos «viaxantes» cos que «tiña unha certa amizade, «algúns eran como familia».

Ao acabar a tarde era normal que se xuntaran no local a falar clientes, viaxantes... e «incluso había tertulias».  Eran tempos no que a conversa era a maneira de intercambiar opinións e saber un pouco do que pasaba na zona e no mundo. Uns traían e outros levaban a palabra e a rede de redes.

somoscomarca_240308_arua_diadamuller_homenaxemulleres (17)
Unha botella de gaseosa A Revoltosa aínda adorna a entrada da súa casa

Fina asegura que todo era reciclaxe:A xente levaba o leite no envase que traían da casa, o capacho substituía as bolsas de plástico e a hueveira aos cartóns... Todo era a granel e servíase en papel.

«Houbo moitas mulleres que traballaron e merecen a homenaxe e lévano da nosa parte. Collémolo nos pero é para todas», conclúe.

Carmen: «Aquí fun moi feliz. Aquí tivemos unha segunda Familia»

Carmen Gómez Díaz tiña, e ten, a tenda de ultramarinos no barrio de Fátima. Xa xubilada, achégase de vez en cando para botarlle unha man ao seu fillo, Milucho, que foi quen quedou con ela. Bota de menos aos que marcharon e a algarabía dos nenos. «Agora dache moita pena  porque o barrio está soíño. Xente maior nunha casa sola. Non hai nada de nada, Pero, os que somos, somos moi unidos e vamos tirando», di.

somoscomarca_240308_arua_diadamuller_homenaxemulleres (20)

No barrio de Fátima estaban as vivendas de protección oficial e nelas había moita xente, era unha época na que as familias eran «numerosas», ademais era o paso obrigado para as que se achegaban desde Petín, e outros puntos da bisbarra a facer as compras á vila. Recorda que había moitos comercio pero «A Rúa foi moi a menos».

A cara de Carmen reflicte satisfacción a pesar de «non ter vacacións». «Estabamos para todo, Íbante chamar á casa e non se cerraba nunca». Cada pouco exclama: «Hai que bonito era!», porque se algo hai en Carme é agradecemento e alegría. Quere aos seus veciños, aínda que agora sexan menos e está ao seu servizo, «sempre».

somoscomarca_240308_arua_diadamuller_homenaxemulleres (18)

Á homenaxe di «ir encantada», aínda que ao principio dáballe algo de reparo. Pensa que «é  unha cousa moi bonita que fixeron para estas tendas pequeniñas que houbo sempre».

Teresa: «Falan da reciclaxe, pero centella, a reciclaxe foi a que vivimos nós!»

Teresa Álvarez Nogueira montou o seu negocio tamén de ultramarinos para «axudar un pouco ao marido e tamén porque era o medio de vida». Non tiña nome, nin falta que lle facía era a «tenda da Teresiña», como se coñecía no barrio. Con moito traballo fixeron a casa, montaron o negocio e estudaron ao fillo, conta nada máis comezar a conversa.

Había moitas tendas pequenas e cada unha tiña a súa clientela. Era o que hoxe se chama «comercio de proximidade», porque Teresa e Quin, o seumarido, cultivaban as verduras que vendía na tenda: patacas, repolo, nabizas, tomates... «Moito traballiño», había que traballar ás 24 horas do día, incluídos sábados e domingos e moitas veces para non cobrar.

somoscomarca_240308_arua_diadamuller_homenaxemulleres (10)
Teresiña cambiou os botes de conservas por libros do seu fillo

Teresa tamén foi costureira porque lle gustaban as labores e así sacaba unhas «perriñas» para axudar na casa. «Acordamos a época boa e a época mala e os que veñen detrás que non retrocedan», reflexiona.

Esboza un sorriso para falar da reciclaxe porque Teresa recorda que se reutilizaba todo, non había apenas plástico e todo se aproveitaba incluso a roupa. O mesmo que cando se acorda das clientas que a querían e lle facían compañía, un sentir que teñen todas elas.

Toñita: «Vaia para elas que non é para min soa senón que é para todas as mulleres»

Antonia Fernández Fernández, Toñita da Compostela, fai un repaso pola súa vida e tamén pola vida social da Rúa. Chegou ao negocio grazas a apuntarse a unhas clases de mecanografía que daba Salomé Piñeiro —a dona de Perfumería Compostela—, porque o que Toñita pretendía era presentarse a unhas oposicións para conseguir praza en extensión agraria.

somoscomarca_240308_arua_diadamuller_homenaxemulleres (7)
Fotografía na que está salomé, Pepita e Toñita

Con  Salomé medrou profesionalmente e acabou comprándolle a perfumería e os seus clientes que tamén foron amigos fixeron que crecera no persoal. Pero sen dúbida as que máis aportaron foron as compañeiras de rúa que, coma ela, tiñan o negocio como unha xoia.

A Pepita do Derroche, Luisa e Pepe da Lippor, Cochita do Hogar, Charito da Zapatería, Marujita da Ferretería, foron algunhas das que compartían café e parola no bar do Chichi —Bar Bravo—. Falaban da vida en xeral, conversas nas que cada quen aportaba o seu parecer.

somoscomarca_240308_arua_diadamuller_homenaxemulleres (6)
Toñita, Conchita y Pepita en el bar de Chichi, el Bravo

Con ela recordamos uns tempos nos que a rúa doutor Vila era un fervedoiro de negocios e na que non había un baixo libre. O máis curioso é que, a excepción das xastrerías —había tres, a do Lilo, a do Ángel e a do Baltasar—, os talleres e o almacén de pel de Juan Lanas, todos estaban ao cargo de mulleres ou elas eran un piar man a man cos maridos.

somoscomarca_240308_arua_diadamuller_homenaxemulleres (8)

O grupo de amigas ás portas da droguería Compostela

«Estou encantada da vida pero seguro que hai máis xente que  o merece más que eu. Unhas xa non e outras están aí e podía ser. Vaia para elas que non é para min soa senón que é para todas as mulleres. Que non se aburran de ser emprendedoras e de ser mulleres».

Fina, Carmen, Teresa e Toñita. A Rúa homenaxea a catro mulleres do comercio polo Día da...