sábado. 31.05.2025

«Foi un éxito colectivo de todas as persoas que confiaron na necesidade deste cambio»

María González Albert, alcaldesa do Concello da Rúa, fai balance do novo formato das Festas de Verán
somoscomarca_240803_arua_festasdeveran241

O pasado 19 de xuño a alcaldesa do municipio rués, María González Albert, anunciaba que as Festas de Verán cohabitarían entre a Estación e O Aguillón. Despois deste comunicado, xeráronse diferentes opinións e incertezas por parte da veciñanza. 

Catro días despois de que remataran as celebracións no antigo campo de fútbol, a rexedora fai balance de estes tres días, asegurando así que «foi un éxito colectivo de todas as persoas que confiaron na necesidade deste cambio». 

Durante estas festas pasaron por alí visitantes de distintos concellos da contorna, «creo que vendimos a imaxe da Rúa cara fóra», explica a alcaldesa, quen asegura estar «satisfeitos» en termos xerais. 

A pesar das boas noticias tamén existen puntos que ata o último momento xeraron discrepancias. Un deles foi a problemática de non ter atraccións infantís, «pero o concello mantívose firme na seguridade».

Tampouco se tivo que lamentar «moito vandalismo». De feito, as persoas que acudiron a estes festexos puideron ser «conscientes da cantidade de xente que había». 

É tempo de analizar os fallos

Pasadas as celebracións é tempo de analizar os fallos para así «mellorar de cara a anos futuros». A alcaldesa sinala a «deficiencia na parte gastronómica, que a foodtruck tivo moito éxito, pero o seguinte ano deberíamos ter catro ou cinco».

A isto suma a falta de asentos par a xente maior, aínda que o equipo de goberno non recibiu queixas por parte dos visitantes. A maiores, habilitáronse seis aparcamentos que pola présa «non reunían as condicións».

«Foi un éxito colectivo de todas as persoas que confiaron na necesidade deste cambio»