domingo. 01.06.2025

A programación de verán da Rúa busca ser «diferente, que cumpla cos gustos de todos»

Deporte, música, troula, verbenas e festivais: así definen dende o equipo de goberno o que vai ser a tempada estival en clave cultural

somoscomarca_240726_arúa_presentacion_verano510
A programación de verán da Rúa busca ser «diferente, que cumpla cos gustos de todos».

«O programa cultural é diferente porque plantexamos un verán enteiro de actividades», avanzaba a alcaldesa da Rúa, María González Albert, na presentación do calendario de festas de verán. «Haberá espectáculos musicais pero tamén deportes e outro tipo de citas, tentando atender a toda a xente que nos visite e á xente da Rúa. Queremos cumprir cos intereses de todo o mundo». 

Vicente Solarat, concelleiro de Cultura e Turismo, explicou polo miúdo a programación cultural. «Comezou xa co torneo de baloncesto e proseguerá este domingo día 28 co espectáculo de monicreques "De vilatriste a vilalegre" na praza do Concello ás 20:30 horas». Facía referencia precisamente ao título desta actividade, «porque é o que queremos ser na Rúa». 

Festas de Verán

«É un ano de transición e fixemos un esforzo moi importante. Temos unha programación boa e diferente», explicaba a alcaldesa. A primeira cita de agosto será coas Festas de Verán, dende o día 2 ao 4 de agosto. Segundo apuntaba Solarat, sumaron o espazo do Aguillón «para que pase unha proba como futuro e sexa un referente de festivais en Galicia».

En canto ao programa deses días, arrinca o día 1 co tradicional Encontro de pinchadiscos. Continúa o día 2 coa charanga CLIK e pola noite actuará no Aguillón La Misión, cun tributo a El Último de la Fila. O terceiro día de agosto será a quenda da charanga Mekanica e pola noite actuará Capitol e La Banda de Ayer. 

Xa na última xornada das Festas de Verán, a charanga BCB tomará o relevo e pola noite será a quenda da orquestra Finisterre e o grupo vigués Broken Peach. Ademais tamén haberá espazo para outras actuacións como as de Los Lobos —tributo a Leiva e Pereza—, Pasármelo G —tributo a Hombres G— e Mojinos Escocíos

Con todo, o elemento deportivo tamén estará presente, «co tradicional torneo de tenis, de petanca, a milla urbana e un campionato de piraguismo». 

A programación de verán da Rúa busca ser «diferente, que cumpla cos gustos de todos»