viernes. 30.05.2025

"Beira Rúa": unha proposta musical con máis de 10 artistas

Este programa realízase en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Rúa. Actuarán agrupacións como La Oca Band, Los Limones o The Rapants
somoscomarca_240731_arua_presentacion_merelles210

O Centro Cultural Avenida da Rúa acollía esta última xornada de xullo a presentación de "Beira Rúa", unha programación de diferentes concertos para este mes de agosto na Praza da Estación. Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia achegábase ata o municipio para presentar o programa. Xunto a el atopábase María González Albert, alcaldesa do municipio; José Vicente Solarat, concelleiro de Cultura e Festexos; e Jorge Álvarez, coorganizador deofestival. 

«Este ano estamos a sentar as bases dunha colaboración que esperemos sexa moi frutífera», así definía a alcaldesa esta alianza entre ambas as institucións. Esta actividade pretende ser atractiva «para todos os públicos e idades». 

somoscomarca_240731_arua_presentacion_merelles211

Pola súa banda, o director da Axencia de Turismo de Galicia matizou que «somos afortunados por poder contribuír e formar un compendio de tres festivais baixo o nome Beira Rúa». A maiores, destacou que esta oferta «non é exclusiva da zona, xa que é para todo o oriente ourensán».

A programación comezará o 7 de agosto cun festival «relacionado co Camiño de Santiago», asegurou Merelles. Cabe recordar que fai catro meses que o concello rués puña en funcionamento o albergue. 

Nesa xornada de mércores, dende as 21:30, actuará La Oca Band, Manuel Manquiña, Pepo Suevos e Pili Pampín. O 8 de agosto, ás 22:00, será a quenda de "O Gran Guateque" que conta con actuacións que tiveron moitos «éxitos nos anos 70 ou 80», explicou o director de Turismo de Galicia. O cartel está conformado por Los Brincos, Los Limones y Pablo Abraira. 

Para rematar o mes de agosto celebrárase "O Son da Estación" a partir das 18:30. Contarase con The Rapants, «un grupo revelación de este ano que está en auxe», asegurou Jorge Álvarez. A maiores estará Grande Amore, Magín Blanco e A Banda das Apertas, Abertal ou Señora DJ. «Vai ser unha festa moi divertida».

"Beira Rúa": unha proposta musical con máis de 10 artistas