jueves. 18.04.2024

Unha cerimonia de mulleres e para mulleres. Música en directo —da man das cantareiras de Abertal—, paixón e nerviosismo, este podería ser un pequeno resumo do que se viviu nesta I Gala Corona González no Centro Cultural Avenida do Concello da Rúa. 

Aínda que xa non estivera presente, Corona González foi tamén parte deste momento, non só por ter o seu nome, tamén se fixo eco neste primeiro discurso que se puido escoitar. «A súa figura, non moi descoñecida para o noso pobo, apareceu para dar nome a esta gala de homenaxe», lía Sonia Rodríguez, presentadora do evento. 

De feito, María G. Albert, alcaldesa da Rúa, lía un fragmento feito pola escritora: «So poden adquirir a independencia por medio do traballo. Poder casar ou non, sen medo de quedar solteiras e non ter un home que as sosteña». 

Dende o primeiro momento a alcaldesa quíxolle dar moita importancia a esta cerimonia, «queremos que sirva pra dar visibilidade a esas mulleres que levantaron o concello e o seguen facendo». O comercio local da Rúa sempre tivo unha gran presenza feminina, «sempre foi de mulleres», asegurou Albert. 

O que se pretende con esta primeira edición é «personalizar este recoñecemento, as que traballaron, traballan e traballarán, nestas 4 mulleres», explicou. Aínda que, por problemas de saúde, Teresa non puido asistir o acto, pero estivo presente en todo momento. 

somoscomarca_240213_obarco_entroido_desfiledecomparsas6320
Agasallo realizado por Sara de Artesanía Enxebre entregado as mulleres homenaxedas

Todas elas, o primeiro que dixeron cando recibiron a chamada por parte do Concello foi que elas «non fixeran nada. Penso que ningún home faría iso nunca». As súas tendas fixeron o «barrio, de lugar de confidencias, tamén, configuraron A Rúa no que foi e no que é», sinalou Albert. 

A emoción era palpable nas tres que alí estaban. Carmen Gómez foi a primeira en recibir o premio, este momento aproveitouno para das as grazas a «a todos os clientes que tiven toda a vida, foron unha familia que adorei e adorarei toda a vida. Para os que están e os que se foron, gracias de corazón».

Cabe recordar que Carmen tiña, e ten, a tenda de ultramarinos no barrio de Fátima. Xa xubilada, achégase de vez en cando para botarlle unha man ao seu fillo, Milucho, que foi quen quedou con ela. 

somoscomarca_240309_arua_galacoronagonzalez_homenaxemulleres_ (7)
María, Carmen, Fina, Toñita, Cecilia, Verónica e Ana

Josefa Álvarez Díaz, Fina, desde os 14 anos, até o 2019 que se xubilou, estivo detrás do mostrador da Tienda da Toñita —propiedade dunha tía por parte de pai que ademais da tenda posuía un posto na praza de abastos da Rúa—. Hoxe, mentres recollía o premio, deu gracias «a Deus por estar aquí hoxe para dicilo. Tamén lle dou o recoñecemento a miña tía. Eu síntome moi recoñecida por moita xente que me coñece e me dedica moito cariño».

somoscomarca_240309_arua_galacoronagonzalez_homenaxemulleres_ (10)
Josefa e a súa familia ao remate da gala

Antonia Fernández Fernández, Toñita da Compostela, chegou ao negocio grazas a apuntarse a unhas clases de mecanografía que daba Salomé Piñeiro —a dona de Perfumería Compostela—.

somoscomarca_240309_arua_galacoronagonzalez_homenaxemulleres_ (14)
Toñita coa súa familia na entrada do Centro Cultural avenida

No discurso da gala, case lle costa conter as bágoas, «agradecemento grande o pobo da rúa que me axudou a chegar onde cheguei. E en segundo lugar a miña nai, porque sempre nos empuxou a tirar para adiante e a ser boas persoas, tanto os homes como as mulleres».

Emoción na I Gala Corona González para homenaxear a catro mulleres do comercio local