jueves. 18.04.2024
P_somoscomarca_240305_arua_pleno
O Concello da Rúa pedirá que A Xunta pague a totalidade de tres servizos

No pleno realizado na tarde de onte, 4 de marzo, o Concello da Rúa aprobaba por unha nimiedade a moción presentada polo BNG na que se solicitará á Xunta de Galicia, na parte que lle corresponde, o financiamento íntegro de tres servizos da área de benestar social. 

Os primeiros deles son a escola infantil Galiña Azul e mailo Centro de Día, estes servizos son «competencia da Xunta de Galicia e non paga na súa totalidade, o Concello ten que co-financialos», explicou María Albert, alcaldesa da Rúa. A pesar de ter que pagar unha parte, non teñen «dereito a decidir nin o modelo de xestión nin outro tipo de decisións».

Por outra banda está o servizo de axuda no fogar, nesta ocasión, a alcaldesa proporcionou o custo do 2024, xa que no «ano pasado a Xunta financiaba con 11,5 euros a hora de servizo a axuda no fogar, este ano subírono a 12 euros. A empresa que xestiona isto tamén subiu o importe da hora subministrada, que agora mesmo está en 15,98 euros. Isto implica un custo para o Concello de 4 euros a hora máis co pagamento dos particulares».

Por consecuente, «supón cerca de 100.000 euros». Sumando este presuposto cos dous servizos anteriores, «son preto de 160.000 euros o que estamos gastando en competencias que non son propias», asegurou Albert. 

Estes tres servizos, competencia da Xunta de Galicia, que no seu día se delegaron por unha cuestión de operatividade, e segundo o que explicou a alcaldesa da Rúa, «todas as escolas infantís privadas, están sendo financiadas o 100 % pola Xunta. Sin embargo, os Concellos que nun momento determinado tiveron vontade con ese servizo público, estanse vendo agraviados con un pagamento que as empresas privadas non teñen que facer».

José Vicente Solarat, portavoz do R.U.A, a pesar de dar o seu voto favorable, considerou que esta moción incluso «nos parece escasa». Isto acontece porque «se temos a sede física de servizos comarcais compénsenos nas cantidades, pode ser unha vía. Non sei o que dirán os xuristas, pero si que temos que reflexionar sobre iso». 

Luis Gudiña, portavoz do PSOE, asegurou que dende o seu punto de vista «todo o que se faga, neste caso estes tres puntos, parécenos que son moi concretos e específicos nese cambio tanto dos servizos públicos como dos educativos». Polo tanto, «calquera proposta de mellora sempre contará co noso apoio», concluíu Gudiña. 

A pesar do seu voto a favor, Álvaro Fernández, portavoz do Partido Popular, asegurou que non se lle pode «restar importancia o esforzo que fai a Xunta de Galicia de inversión nesas instalacións e servizos». A isto tamén engade que «hai que ver como se inverte o diñeiro do Concello».

O Concello da Rúa pedirá que a Xunta pague a totalidade de tos servizos da Galiña Azul,...