lunes. 16.06.2025

Chega o Entroido á Rúa, que xa prepara o desfile de comparsas

Xa está aquí o Entroido 2017, e con el, a troula, ás cores e a música, que estarán presentes o vindeiro martes 28 de febreiro, Martes de Carnaval, xa que terá lugar o desfile de comparsas en A Rúa. A concentración e saída será na Bodega Cooperativa Virxe das Viñas ás 16:30 horas.

Para incentivar a participación, dende o concello farase entrega dunha axuda económica ás comparsas e folións en función do número de compoñentes:as comparsas de 10 a 20 compoñentes recibirán 80 euros; as de 21 a 30 compoñentes, 150 euros; as de 31 a 40 compoñentes, 250 euros; de 41 a 50, 350 euros  e as comparsas de máis de 50 compoñentes recibirán 400 euros. En canto aos folións, os de 21 a 30 compoñentes serán compensados con 100 euros e os de máis de 30 con 300 euros.

Aqueles traxes de maior dificultade de elaboración terán tamén unha bonificación especial de 50 euros. Do mesmo xeito, as carrozas, que tamén pola súa elaboración aporten ao desfile unha especial vistosidade recibirán un premio de 50 euros. Para poder optar a dita axuda as comparsas deben estar compostas por un mínimo de dez persoas.

Todo aquel que queira inscribirse poderá facelo a través das oficinas municipais do Concello de A Rúa. O prazo xa está aberto e remata o 27 de febreiro (inclusive) no rexistro xeral do concello. Podedes consultar as bases e inscricións na páxina web de A Rúa.

Chega o Entroido á Rúa, que xa prepara o desfile de comparsas