sábado. 20.04.2024

O Concello da Rúa vén de subscribir un acordo de colaboración coa empresa Get Brit polo que esta última establecerá a ensinanza do inglés no termo municipal no próximo curso académico. A sinatura do convenio tivo lugar o martes, 24 de Marzo, entre a alcaldesa, Maria González Albert  e  Rodrigo Velasco Magadán, representante de get brit! na zona.

A partir do xoves 26 de Maio iniciarase o proceso de preinscrición, que se alongará ate finais do mes de Agosto de 2016. Está previsto que as aulas comecen o 3 de Outubro de 2016. Con este acordo de colaboración o Concello pretende facilitar aos veciños e veciñas da Rúa e redores o acceso á formación en inglés.

get brit! é unha empresa consolidade no sector que xestiona Escolas de Idiomas en máis de 200 localidades en todo o Estado. Entre os seus principais obxectivos atópase o de preparar ao alumnado para que sexa capaz de comunicarse noutro idioma de xeito fluído e capacitalos para obter a certificación oficial establecida no Marco Europeo de Referencia das Linguas, xa que get brit! é Centro Oficial Examinador.

A partir do xoves 26 todas e todos os interesados en mellorar o seu inglés e obter un certificado oficial acreditativo do mesmo poden achegarse ate a Casa do Concello da Rúa e realizar a preinscrición.

A Rúa terá Escola de Idiomas