sábado. 21.06.2025

As remudas de orientación chegan a Quiroga

O vindeiro 1 de dicembro o Club Peña Trevinca Barco e o Concello de Quiroga organizarán o Campionato Galego de Remudas de Orientación na villa lucense de Quiroga a partir das 11 horas.

A proba desenvolverase na modalidade de Sprint Urbano con orientación en liña. A saída da primeira posta será en masa conxunta de todas as categorías.

Para optar ao Campionato Galego os equipos terán que estar formados íntegramente por orientadores do mesmo club, sendo o equipo mixto. Todos os membros dun equipo teñen que dispoñer da licenza FEDO da tempada.

Dende o clube queren que esta proba sexa a habitual festa de despedida da tempada da Orientación Galega e cantos máis participantes mellor; polo que todo equipo de remudas será benvido, mixto ou non.

Máis información nos boletins do evento na páxina web fegado.es

As remudas de orientación chegan a Quiroga