
A comarca de Valdeorras, representada polo Grupo de Desenvolvemento Rural de Valdeorras, foi protagonista durante o día de hoxe do 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2023.
Unha xornada no que a presidenta do GDR Valdeorras, Mª Carmen González, presentou a proposta turística para converter a zona en referente do turismo enogastronómico. Neste sentido, manifestou que “é unha satisfacción ver como a través do GDR se unen por primeira vez todos os concellos e entidades da zona para dar este paso adiante conxunto e poñer en valor a Valdeorras como un dos destinos máis interesantes para os amantes da boa cociña e da vinicultura.”
O obxectivo desta aposta conxunta é sentar as bases deste tipo de turismo para atraer a novos visitantes interesados en descubrir a zona, e que implica xerar novas oportunidades de emprendemento para os mozos e mozas valdeorreses.
“Somos capital do mundo da pizarra e, queremos dar a coñecer a nosa propostas para convertirnos en referentes do turismo enogastronómico” segundo Mª Carmen González. Para elo, vanse centrar en catro ámbitos de traballo, a primeira das a coñecer a peculiaridade de “as covas” nas que se elabora e cuida o viño de centos de bodegas tradicionais da D.O. que fan que o viño sexa excelente.
O segundo pilar da proposta é a a gastronomía centrada en carnes de calidade coas que se elabora, entre outros, o botelo. En terceiro lugar, poñer en valor todo o poder do emprazamento natural e paisaxístico único, bañado por ríos de augas limpas, historia e patrimonio.
A cuarta área é axudar na difusión de hoteis, pazos, restaurantes, covas, bodegas e centos de negocios que ofrecen o mellor da nosa terra. A presidenta do GDR indiciu na importancia de que todas as entidades, administracións, medios de comunicación e visitantes, axuden a visibilizar todo o potencial de Valdeorras como potencia no turismo enogastronómico.