domingo. 08.06.2025

Valdeorras despide unha primavera marcada polas amplitudes térmicas

Nun mesmo día chegaron a rexistrarse diferenzas térmicas de máis de 20 grados

O verán chega e con el parece que tamén as temperaturas habituais nesta época do ano. O fai tras unha primavera no que a nivel autonómico a temperatura media estivo 0,4 graos por riba dos valores agardados nesta época do ano, marcada por valores máximos moi cálidos e mínimos algo máis fríos.

De feito a máxima na comarca marcouse o pasado 31 de maio cunha temperatura rexistrada -na estación da Portela- de 34,9 grados; mentres que a mínima acadouse o 12 de abril con 1,3 grados.

Como dato ese mesmo día, o 12 de abril, a máxima foi de 28 grados máis, o que confirma o dato das grandes amplitudes térmicas.

En canto á pluviosidade, choveu un 3% por riba do habitual para a serie histórica e as precipitacións medias acumuladas ascenderon a 312 litros por metro cadrado no ámbito autonómico.

Na comarca, nos primeiros días da estación non se recolleu unha sola precipitación, mentres que a partir do 1 de abril estas regresaron para terminar o cuarto mes do ano cun rexitro total de 145,2 litros/m2, rexitrandose tamén o día con máis precipitacións da primavera o 6 de abril cando se recolleron 25,2 litros.

Os meses de maio e xuño caracterizáronse por ser moi secos, no mes de maio apenas choveu 4 días, mentres que no mes de xuño apenas rexitraronse outros 4 días con precipitacións suficientemente abundantes para aparecer reflectidas nas táboas de datos de MeteoGalicia.

Segundo estas táboas nos 8 días que se recolleron datos nestes 2 meses caeron un total de 43.8 litros por metro cadrado, facendo un total de 189 litros recollidos ao longo dos 3 meses.

Para este fin de semana agárdanse precipitacións na contorna coincidindo cas datas do Corpus e do San Xoán.

O sábado será un día de bo tempo, con máximas de 29 grados no Barco ou 24 en Pobra de Trives -mínimas de 14 e 13 nos dous concellos- e o domingo irá entrando progresivamente a chuvia asociada a unha baixada de temperatura.

Tal e como comentou Juan Taboada dende o portal meteorolóxico o domingo a inestabilidade será a protagonista: "Por desgraza as festividades do Corpus estarán un pouco en cuestión pola chuvia. Comezaremos o sábado cun día veraniego, pero co paso do día a situación iráse deteriorando. Esperamos o paso dunha fronte o domingo pola mañá. As precipitacións cara ao mediodía deberían rebasar hacia Castela e León para deixar unha noite e día de San Xoán con bo tempo".

Temperaturas domingo:
O Barco de Valdeorras: Min 14; máx 21.
A Pobra de Trives: Min 13; máx 21.

Temperaturas luns:
O Barco de Valdeorras: Min 15; máx 25.
A Pobra de Trives: Min 14; máx 21.

A partir do luns parece que a estabilidade recupérase e os ceos estarán completamente abertos en Valdeorras.

Valdeorras despide unha primavera marcada polas amplitudes térmicas