sábado. 26.07.2025

Trives solicita á Deputación unha axuda anual para a súa Escola de Música

O Concello de Trives ven de obter a aprobación dunha subvención de 25.000 euros destinada á Escola de Música da vila por parte da Deputación provincial, que agora apostan por consolidar anualmente. Así o manifestou o alcalde, Domingo Diéguez, que explica que os cartos concedidos destinaranse «á adquisición dun piano e a axudar aos profesores do centro de música». Explica que manter en funcionamento a Escola é costoso pero pensa que «non nos podemos permitir o luxo de suprimila» e cos cartos da Deputación poderá ademáis darlle un empuxón á Banda de Gaitas «para que recupere a súa esencia». Conta o rexidor que «a asociación que está detrás da banda fai moitos esforzos por acadar fondos «vendendo camisetas e bolígrafos en tódolos eventos que teñen», pero realmente os membros que a forman carecen incluso dun uniforme digno que lucir.

Explica o rexidor que para Trives é necesario consolidar esta axuda porque «é unha comarca illada e nolo merecemos». Considera que a axuda chegará ainda que non quere «vender fume», pero está «esperanzado» e «orgulloso de poder corresponder dalgunha maneira ao traballo que estes nenos e non tan nenos están facendo ca banda».

Trives solicita á Deputación unha axuda anual para a súa Escola de Música