domingo. 08.06.2025

Un técnico de radiodiagnóstico ourensán, na primeira quenda do Hospital de Campaña en Turquía

Adrián Álvarez ven de incorporarse ao seu posto no Hospital Universitario Ourense despois dunha intensa experiencia que espera repetir participando novamente no cuarto relevo 

 

Radiolox2
Un técnico de radiodiagnóstico ourensán, na primeira quenda do Hospital de Campaña en Turquía

Adrián Álvarez Álvarez ven de incorporarse ao seu posto como técnico superior de radiodiagnóstico no Hospital Universitario de Ourense, tras dúas intensas semanas nas que formou parte da primeira quenda do Equipo Médico de Emerxencia español (START polas súas siglas en inglés), responsable da montaxe do hospital de campaña, ás aforas de la cidade turca de Iskenderun, para dar asistencia á poboación, onde o terremoto derrubou os seus dous hospitais públicos.

Tras a petición formal de axuda do goberno turco, Adrián chegou no grupo de 82 persoas que integraron o primeiro relevo do Equipo START, na madrugada do venres 10 de febreiro. Un día antes, outro voo con material e equipo para a montaxe do hospital español aterrou en Turquía, e tan só 72 horas despois, o luns 13 de febreiro, abriu as súas portas o hospital de campaña español, do que non sairía ata a súa volta para España.

O Equipo Médico de Emerxencia español está formado por persoal voluntario pertencente aos distintos servizos de saúde públicos, xunto con bombeiros, persoal técnico e de loxística, que posibilitan a montaxe e mantemento autosuficiente dun hospital de "pavillóns" formado por tendas con capacidade para atender a 200 pacientes ao día, realizar ata 7 intervencións de cirurxía maior e 15 de cirurxía menor no seu quirófano de campaña, cunha capacidade de "ingreso" de ata 20 pacientes na súa área de hospitalización.

Radiolox

Ademais de montar o hospital en 48 horas, a primeira quenda na que se integrou Adrián atendeu a máis de 2.500 persoas e superou con éxito un momento críticos, cando xusto á semana da súa chegada, o día 20 de febreiro, producíronse os novamente sismos por riba dos 6 puntos da escala Ritcher, o que xerou múltiples atencións, especialmente por accidentes de tráfico e crises de pánico entre a poboación.

 Sentimento de equipo e emocións

Pese a diversa procedencia e na maioría dos casos o primeiro contacto de traballo xuntos, Adrián Álvarez destaca a forte integración do equipo asistencial español, que se atopou con que a asistencia á poboación estaba máis próxima do esperado á que se presta nun periodo normal en calquera hospital público, xa que unha vez pasada a emerxencia e atención aos pacientes politraumatizados a poboación acudía a eles para os controis ou seguementos postcirúrxicos, de embarazo, ou de todo tipo de patoloxías, probas radiográficas, etc. unha vez o hospital onde o operaron ou atendían estaba destruido, e en moitos casos o seu persoal falecido na catástrofe.

O máis impactante para o técnico ourensán foi que estes procedementos habituais viñan acompañados de verbas que non entendía e intuía, que falaban de traxedia e de perda, e que os interpretes voluntarios, moitas veces estudantes turcos ou españois desprazados desde todo país, afrontaban con emoción, tentando traducir as indicacións dos profesionais.   

A tipoloxía asistencial virou o 20 de febreiro, ca repetición dos sismos, nun área gravemente castigada o que provocou situacións de pánico causando múltiples accidentes e atencións urxentes, ademais de crises de pánico, atendendo a 150 persoas máis do habitual.

O hospital de campaña español sitúase nunha zona estratéxica para a recepción de pacientes, pois ao redor concéntranse campamentos con persoas desprazadas, na conflúencia das estradas que aos distritos de Iskenderun, Arsuz e Belem; os máis afectados na provincia turca de Hatay.

A piques de iniciar a súa terceira quenda, España continua ofrecendo en Iskenderun atención sanitaria a estas áreas, en coordinación coas autoridades turcas de saúde e a Iniciativa EMT (Emergency Medical Teams) da Organización Mundial de la Saúde que xestiona la resposta sanitaria la esta emerxencia.

Un hospital público español en Turquía

Aberto as 24 horas, o hospital español -máis de 190 toneladas de material- está distribuído por áreas funcionais, dispón dunha zona de triaxe, urxencias xerais, cirurxía, obstetricia, pediatría, traumatoloxía e psicoloxía. Tamén dispón de equipos de reanimación, anestesia xeral básica, radioloxía e ten o seu propio laboratorio, farmacia e sistemas de esterilización de material. Autosuficiente, conta cunha planta potabilizadora de auga e de autoxeración enerxética, así como de xestión de residuos.

A posta en marcha do proxecto START permitiu que España conte, por primeira vez, cun equipo sanitario de primeiro nivel, formado por profesionais pertencentes ao sistema público de saúde, listo para despregarse, nun máximo de 72 horas, en calquera lugar do mundo par atender unha emerxencia humanitaria.

START está coordinado a través da Oficina de Acción Humanitaria (OAH) da AECID, a súa vez a  Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), que ten entre as súas prioridades a acción humanitaria, e está adscrita ao Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e de Cooperación.

Un técnico de radiodiagnóstico ourensán, na primeira quenda do Hospital de Campaña en...