
Esta veciña de Rubiá aposta intensamente polo rural que considera abandonado polas institucións
Raquel Méndez aposta pola vida no Concello de Rubiá, e faino dunha maneira moi diversa, sendo unha muller “todoterreo”. É a responsable dunha granxa de porco celta na vila, ca que conseguiu o primeiro posto no I Concurso Nacional de Manexo de Porco Celta no ano 2018, ten un serradoiro e non dubida a hora de saír co camión para facer as tarefas que toquen en cada intre.
Así mesmo é concelleira polo PSdG-PSOE do Concello de Rubiá, directiva da Asociación do Porco Celta de Galicia, cazadora —pertence á Asociación do Corzo español— e espeleóloga no Club Águilas Verdes, actividades que segundo conta, moitas veces lle obrigan a acostarse tarde e levantarse cedo.
Méndez aposta polo emprego no rural, cunha empresa que conta actualmente con 16 persoas e continúa crecendo a pesar de que reclama máis axudas. «Con esto do Covid, as empresas pequenas tratamos de manter os traballadores, cousa que as empresas grandes non fixeron, ao final pagámolo os pequenos», asegura. Destaca tamén que nestes intres as empresas como a súa quedan fora das convocatorias para novas subvencións.
Reclama a reposición de servizos en educación e sanidade, este último viuse afectado tras a Covid; onde o Centro de Saúde actualmente ten solo un so médico. Pide o arranxo das estradas rurais que son empregadas polas canteiras no día a día —ela como usuaria afirma que os vehículos, camións ou autobuses tamén sofren moito co desgaste do firme— e subliña que si aínda non houbo accidentes e pola prudencia dos conductores.
«Do rural pódese vivir», afirma Méndez, quen recalca que «as cidades sempre viven do rural, por exemplo un cordeiro non crece na cidade». E engade, «no centro de Madrid non plantan cebolas, que non nos teñan como xente de segunda porque viven pola xente do rural». Lembra que durante a pandemia a xente regresou ás aldeas para pasar o confinamento, entre outras cousas.
Se desexa escoitar todo o que contou Raquel Méndez en Radio Valdeorras Onda Cero, pode facelo na seguinte ligazón: