martes 24/5/22

Dende o grupo socialista tamén pediron que a UVI-Móbil non sexa suprimida durante 11 días

O PSdG-PSOE pediu hoxe no Barco de Valdeorras que o servizo de UVI-Móbil no Hospital Público de Valdeorras non sexa eliminada durante 11 días. A súa vez reclamaron que todos os recortes feitos no centro sanitario nos últimos meses sexan revocados. Ao acto acudiron a deputada socialista no Parlamento de Galicia, Marina Otrtega, o concelleiro de Sanidade barquense, Orlando Saavedra, o senador Miguel Bautista e representantes doutros municipios como Petín ou A Rúa xunto a membros de persoal do hospital.

Ortega invitou ao presidente da Xunta de Galicia a acudir ata a localidade para coñecer de primeira man os tempos de viaxe entre Ourense e O Barco. «E ademáis agora pode vir para revivir as preocupacións das sanitarias ao traballar sen UVI Móbil durante 11 días. Esto é debido ao non enviar a un facultativo ao HPV» salientou.

Respecto a esto último, a parlamentaria detallou que é un servixo moi importante para poder garantir unha asistencia eficiente.

Pola súa banda, Orlando Saavedra, explicou que a falta da ambulancia medicalizada para pacientes graves é un problema máis da sanidade. «É como xogar a ruleta rusa, cando se necesite non se sabe o que vai pasar. Eleva a tensión dos sanitarios por se hai un paciente grave en calquera momento. A decisión da Xunta, eles son os responsables, eles son os que xestionan a sanidade en Galicia».

Por último fixo un chamamento a toda a pobación, en especial a xente xoven para ter prudencia e non colapsar aínda máis a Atención Primaria.

O senador Miguel Bautista, detallou que as veces síntese defraudado ao non chegar as expectativas en cuestións viarias como a N-120 ou a A-76, pero é realista en canto a situación do país, afirmando que o importante nestes intres é salvar vidas.

Por elo reclama a Alberto Núñez Feijóo, que invirta o diñeiro que se lle asigna para a sanidade en ela. Como o seu compañeiro responsable da área de sanidade do Concello do Barco pediulle a poboación xoven prudencia para frear a escalada de contaxios pola covid-19.

O PSdG-PSOE reclama que os recortes do HPV sexan revocados