lunes. 23.06.2025

O Concello de Petín realizará este mes talleres pola igualdade de xénero

Os talleres teñen como obxectivo promocionar a igualdade e previr a violencia de xénero, non haberá límite de idade para participar

O Concello de Petín levará a cabo neste mes de setembro o Programa “Reencontros: nós mesmas” de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

Este estará dirixido ás mulleres petinesas, sendo os obxectivos do mesmo a mellora da participación social, o reforzo da súa autoestima e autoconfianza, a prevención da violencia de xénero, traballar as habilidades sociais e persoais, e contribuír a mellorar a calidade de vida e o benestar das participantes.

O programa tamén pretende impulsar unha Rede de Mulleres en Petín, por elo celebraranse 3 talleres impartidos en varias sesións con temáticas como as habilidades dixitais, a valorización dos coidados e a saúde e o benestar.

A alcaldesa da localidade, Raquel María Bautista salientou que na localidade nas actividades que levan a cabo a maioría das participantes son mulleres. «Queríamos facer algo dedicado a elas. Haberá aforo limitado, pero non vai a haber problema, ninguén quedará fora».

O programa, que será executado pola consultora de xénero galega Red Talento, conta cun orzamento de 2.439,36 € subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Raquel Bautista lembrou que as actividades significan un primeiro paso para desenrolar unha política de igualdade municipal participativa que sitúe o empoderamento das mulleres no centro das actividades.

Os talleres desenvolveránse os días 7 e 8, 14 e 15 e 21 e 23 de setembro na Casa da Cultura de Petín, todas as pesoas que o desexen poderán anotarse de forma presencial na Casa do Concello, chamando ao propio consistorio ou enviando un mail a traballadorasocial@petin.gal

Todas as actividades están organizadas garantindo todos os protocolos de seguridade que esixe a situación provocada pola pandemia da COVID 19.

Se queres escoitar todo o que salientou a alcaldesa de Petín Raquel María Bautista, podes facelo na seguinte ligazón:

O Concello de Petín realizará este mes talleres pola igualdade de xénero