viernes. 29.03.2024

ABANCA asina un convenio de colaboración coa Asociación Ruta do Viño Valdeorras que aposta polo apoio e crecemento do sector vitivinícola

ABANCA asina un convenio de colaboración coa Asociación Ruta do Viño Valdeorras que aposta polo apoio e crecemento dun dos sectores máis presentes na nosa comunidade como é o sector vitivinícola a todos os niveis. O convenio foi asinado polo presidente da asociación, Joaquín Sánchez Rodríguez, e o director de zona de ABANCA en Ourense Este, Diego Daniel Fernández Borrajo.



Grazas a este convenio o banco pon a disposición da asociación, que inclúe dende bodegas ata concellos pasando por hoteis ou locais de hostalaría, un plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. O documento inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destas empresas ou organismos. Así, os asociados contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. A asociación terá á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring, segundo as súas necesidades. O convenio tamén reserva un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas.

Do mesmo xeito, os asociados poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA, ademais, poñerá a súa disposición a banca electrónica, o Bróker Online ou ABANCA Pay. Tamén o servizo Appúntame, para xestionar de xeito sinxelo calquera tipo de cotas, domiciliacións ou subscricións tanto para eles como para seus clientes.

Apoio aos negocios e comercios galegos

Os asociados tamén se poderán beneficiar de TPVs físicos e virtuais con grandes

vantaxes así como do servizo Alavuelta,

que permite aos comercios e empresas coñecer as claves do seu negocio, atraer a

novos clientes e fidelizar os que xa teñen.

Este servizo enmárcase no compromiso que mantén ABANCA co comercio local e o tecido produtivo beneficiando aos asociados, pero tamén aos seus clientes e veciños con servizos como Applázame que permite unha financiación inmediata e segura dende o móbil.

Novo apoio ao sector vitivinícola de Valdeorras