sábado. 07.06.2025

Noa Presas acusa á Xunta de mentir sobre a posta en marcha do heliporto do Barco

O BNG volve a esixir que se poña en marcha a base de helicópteros de Vilanova, en O Barco, a través dunha pregunta formulada hoxe xoves no Parlamento de boca da deputada Noa Presas. «É insultante o desleixo da Xunta de Galiza despois dun ano e transcorrida toda a tempada de alto risco de incendios», dixo. Explicou a deputada que «a Xunta segue dando largas a pesar de afirmar que as obras se executarían de maneira inmediata». Acusa Presas ao PP de prorrogar unha e outra vez as súas promesas e instan así ao responsable de Política forestal, Tomás Fernandez Couto a que «deixe de mentir e acometa canto antes as obras necesarias».

Para a parlamentaria do BNG, a intervención de  Fernández  Couto na comisión celebrada no Parlamento galego confirmou que o seu grupo parlamentario foi o impulsor do acordo sen o cal non habería información sobre este asunto e todo permanecería paralizado. «A base debe ser recuperada porque  a súa inoperancia no ano 2018 representa unha grande perda de tempo e actividade» asegurou a deputada nacionalista, e advertiu de que «afortunadamente non se produciu ningunha traxedia».

Noa Presas acusa á Xunta de mentir sobre a posta en marcha do heliporto do Barco