domingo. 02.10.2022

Máis dun centenar de persoas están en tratamento de Mieloma Múltiple na provincia

A afectación é un pouco superior á media debido á maior porcentaxe de persoas maiores grupo de idade onde ten maior incidencia. En 2020, a Área Sanitaria destinou un orzamento de case tres millóns de euros ao seu tratamento

somoscomarca_hospital_obarco_2021_11_08
Máis dun centenar de persoas están en tratamento de Mieloma Múltiple na provincia

Hoxe conmemórase o Día Mundial do Mieloma Múltiple (MM) ), segundo cancro do sangue máis frecuente, producido polo crecemento anómalo das células plasmáticas da médula, e que en Ourense afecta a máis dun centenar de pacientes, seguidos polo Servizo de Hematoloxía e Hematoterapia, do Hospital Universitario de Ourense, que oferta unha atención integral ao proceso diagnóstico e tratamento.

As células plasmáticas da médula forman parte do sistema inmunolóxico -ou de defensa fronte as infeccións- polo que o seu aumento altera o seu funcionamento, afectando a todo o organismo, especialmente a nivel óseo; distorsiona o mecanismo de “renovación” e causa anemia -polo descenso dos glóbulos vermellos- aumentando o risco de infeccións, poidendo causar tamén insuficiencia ou fallo renal.

Esforzo colectivo nos tratamentos

En Ourense diagnostícanse anualmente entre oito e doce casos, unha incidencia un pouco superior á media debido á maior porcentaxe de persoas maiores de 65 anos, grupo de idade onde ten maior afectación.  

Pese a que a día de hoxe aínda non existe unha cura definitiva para o Mieloma, o avance dos tratamentos permite contar con alternativas terapéuticas que garanten, en moitos casos, unhas expectativas de supervivencia acordes coa esperanza de vida. 

Esto é debido ao esforzo investigador e ao importantísimo investimento destinado ao seu tratamento, por parte dos servizos sanitarios públicos. Mostra delo que o tratamento farmacolóxico anual dun paciente supera os 50.000 euros anuais, só no tratamento inicial, duplicándose ou triplicándose ante recaídas. En 2020, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras destinou un orzamento de case tres millóns de euros a estes tratamentos. Sen dúbida, un motivo orgullo colectivo.

Máis dun centenar de persoas están en tratamento de Mieloma Múltiple na provincia