sábado. 20.04.2024

As rapazas valdeorresas recibirán un recoñecemento á excelencia en Santiago de Compostela o xoves 4 de xullo

Lidia González e Nuria González, ambas de Valdeorras, teñen algo máis e común que o apelido. Ambas realizaron as pobras de acceso á universidade —AVAU— o pasado mes de xuño e hai uns días recibiron as súas calificacións cunhas notas case impecables —Lidia cun 13,148 e Nuria cun 13,5—.



Ambas atribúen o seu éxito á constancia durante todo o curso e sobre todo á capacidade de organización, que polo visto as dúas rapazas dominan dunha forma maxistral. Porque non só se dedican a estudar senón que pola súa banda Lidia combina o traballo escolar coa práctica do baloncesto e Nuria faino coa academia de baile, as clases de piano e a participación na banda de gaitas.

Lidia ao remate da súa intervención en Radio Valdeorras Onda Cero

Con motivo da súa fazaña, Lidia e Nuria estiveron a conversar connosco en Onda Cero Valdeorras onde, entre outras cousas, contáronnos o que teñen pensado para o seu futuro que se brillante.

Si queres escoitar o que falaron lidia e máis Nuria fai click na seguinte ligazón:

Lidia y Nuria, unha AVAU de excelencia