lunes. 09.06.2025

«Levo a mascarilla porque teño que protexerme a min e a xente á que despacho»

Manolo, un pescadeiro ambulante que leva 28 anos no negocio, di que estes días están a ser raros até na venda

Manolo oriúndo do Mazo leva 28 anos vendendo o peixe de Pescados Topi, en toda a contorna. Desde A Cabreira até Quiroga ou de Larouco a Quereño, o pescado chega cada día da semana a unha zona distinta. Os luns queda no almacén xa que até a última hora da tarde non chega o pescado dos principais portos galegos.

Ten un montón anécdotas que contar, 28 anos vendendo polas aldeas dan para moito —o día de San Pedro cumprirá 29 anos na empresa de venta de pescado o por maior de Vilamartín—. Segundo o pescadeiro, hai xente que é un pouco repunantiña pero polo xeral «hai moi boa xente». Desde clientes de «xa cho pago para a semana que ben» até os que cando te equivocas na volta reaccionan dun ou outro xeito segundo para onde se incline a balanza. «Si te equivocas o seu favor non pasa nada pero como sea ó revés sácanche os ollos » ddí cun sorriso. «Hai que fiar moi fino».

En Petín entregándolle a unha clienta a compra

Conta que estes días están a ser raros hasta na venta. Hai semanas como a pasada que se vende todo ou como esta que está a ser máis frouxa. «Moi descontrolado todo», asegura.  «A Xente veise con máis medo», apostila.

Agora fai as ventas cunha mascarilla para protexer ós seus clientes e para que non o contaxien.  Non todos son conscientes do perigo que se achega e hainos que até se rin da situación. «Uns tómano a risa dícenche que xa pasaron os Carnavales. Cada día que van vendo as noticias e ven o que hai tómano en serio».

«A semana pasada foi cando os clientes se empezaron a preocupar en serio», subliña aínda que el xa levaba desde a anterior ca mascarilla e os guantes. «Serio, serio foi a semana pasada, cando se  empezaron a descubrir casos serios por equí», recalca.



Visita vilas nas que só quedan dous ou tres veciños que agardan a súa chegada para comer o peixe da semana e tamén, para botar unha conversa. Estes días o tema sempre é o mesmo. «Que que se sabe de por a?» ou «Hai muitos?».

Afirma contundente Manolo que sempre o reciben ben, aínda cas veces si a parenta reñeu ca parella ven alporizada a mercar e, sempre lle cae algún «responso». «Están esperando a que chegues. É xente que te acolle moi ben. En petín teñen moita alegría levo un ano vindo, e un pueblo que te atrae muchísimo», di en referencia o lugar onde nos cruzamos con el.

Respecto a

situación que se está a vivir afirma que: « A xente está moi preocupada. Gardan

a corentena e  gardan a distancia cando

veñen ó coche e todo».



Ca xente que veu de fora é moi categórico: «O que ben de fora que se meta na casa e non salga, que nos faga ese favor a todos. Que nos levan fastidiado muitos deles. E os de eiquí que miren con quen se relacionan, que non se relacionen moito fora da casa, que non salgan»,, aconsella.

Estes días leva sempre a mascarilla para atender ós cliente e aínda que algún pensa que non é necesaria el non quere contaxiarse nin contaxiar. «Ando con muita xente e teño que prevenirme a min e a xente que despacho».

A súa experiencia ca xente que estes días veu de fora non está a ser moi boa. «Son peores os que veñen de fora, co listos que se fan, que a xente de aquí. A xente de aquí garda a distancia e garda todo, sen embargo a que ven de fora trátate como se foras ti o afectado». Pensa que: «Si noutros sitios o tomaran en serio como aquí non houberamos chegado onde chegamos».

«E min o que máis

me fastidia é i cando din: “ Non te arrimes a mín!” Eu levo mascarilla e

guantes, usted ven sen nada. Ven de Madrid da zona infectada e ben impoñéndonos

os de aquí», remata a conversa Manolo todo indignado.

Este é o vídeo da súa testemuña:


«Levo a mascarilla porque teño que protexerme a min e a xente á que despacho»