viernes. 19.04.2024

A pandemia provocada polo Covid-19 marca un día de Galicia moi atípico e sen grandes actos nas vilas e pobos de todo o territorio

O 25 de xullo é un día especial na vida dos galegos, xa que celebran o Día de Galicia e tamén o fan na honra de Santiago Apóstol. As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea das Irmandades da Fala, onde se acordou celebrar o "Día Nacional de Galicia" a partir do 25 de xullo do 1920.

Malia esto, a celebración foise extendendo aos poucos pola comunidade e non foi ata medidados da década dos anos 20 cando a festividade quedou instaurada na meirande parte de Galicia.

Tanto na dictadura de Primo de Rivera como de Francisco Franco, estas celebracións quedaron suspendidas -na II República si se celebraron- sendo instaurada finalmente como a festa oficial da comunidade no D.O.G do 1 de xaneiro de 1979.

Festas e grandes actos, marcan ano tras ano o programa de actividades nos 313 concellos que forman a comunidade, dende Petín, que homenaxea a un dos seus patróns como é o Santiago Apóstol, ata Fisterra pasando por Lalín ou Dumbría, todos viven unha data especial, menos no 2020 por mor da pandemia do Covid-19.

Os efectos provocados polo Coronavirus fan que este ano os actos, se é que os hai, sexan con carácter reducido, e botando sempre unha ollada as recomendacións da Xunta de Galicia. En Petín por exemplo decidiron cancelar todas as festas neste ano por precaución e preservar a saúde dos cidadáns, e ata na mesma Santiago de Compostela, a capital da comunidade, farán todas as actividades con un formato moi reducido, non haberá a xa cocñecida vídeoproxección dende a Catedral, e os foguetes serán dende diversos puntos da cidade, un ano raro no Fogar de Breogán, pero esperando que no 2021 mude a situación, xa que o 25 de xullo caerá a domingo e polo tanto será considerado como Ano Santo Xacobeo.

Galicia vive o 25 de xullo máis atípico