
Acabou un ano que, de seguro, para algúns trouxo boas novas, un novo ser na familia, un novo traballo, retomar vellas amizades, coñecer nova xente, compartir a vida ca persoa que queres.
Polo contrario, para outros a morte estivo presente nas súas vidas e iso é difícil de asumir e de xestionar. E, non só a perda física se non a que che deixa ese baleiro dentro que te inutiliza. Se as perdas dun familiar ou amigo se unen outras separacións coma o alonxamento das persoas que queres, a perda do traballo ou a do bichiño que che fixo compañía; entón o ano aínda foi máis feo, poderíase dicir que «horribilis».
Tamén, hainos que nin fu, nin fa, este marchou e o que ven se cadra será mellor ou non, en todo caso, santiño déixame como estou.
Como di a canción de Mecano, que de seguro moitos cantástedes a pasada noite: «...A los que ya no están echaremos de menos/y a ver si espabilamos los que estamos vivos y el año que viene nos reímos». Pois iso, comeza un novo ano, un 2023 ao que hai que mirar de fronte focalizando o esforzo no presente, mirando ao futuro pero sen esquecer o pasado, e sobre todo sen olvidar un sorriso!
Feliz 2023!