
Guimarães e a Casa
Museo de Rosalía de Castro foron os destinos dos alumnos de terceiro e cuarto
da ESO do instituto da Rúa
O 30 de abril, os alumnos de 3º ESO do IES Cosme López da Rúa realizaron unha saída cultural a Guimarães (Portugal) organizada polo departamento de Relixión. O itinerario incluía visitas á Casa de Memória e a unha Oficina Criativa (Obradoiro) de Olería.
Unha visita guiada amosou o alumnado o casco histórico de Guimarães, onde descubriron “Como viviam os Duques no século XV” no Paço dos Duques de Bragança. Ademais, achegáronse ata a Capela de San Miguel do Castelo e ao Castelo de Guimarães.
Intercambio co
IES Faro das Lúas
O xoves 25 de abril, os rapaces de 3º e 4º de ESO participaron nun intercambio cos alumnos do IES Faro das Lúas, de Vilanova de Arousa. Durante a actividade visitaron a Casa Museo de Rosalía de Castro, e o Xardín Botánico, en Padrón. Posteriormente, achegáronse a Santiago para visitar o Museo do Pobo Galego, onde participaron nunha actividade didáctica, ler poemas e percorrer algúns dos lugares máis representativos da cidade.
Casa Museo
Rosalía de Castro e xardín botánico
Tamén coñecida
como a Casa da Matanza, é a vivenda onde Rosalía de Castro viviu os derradeiros
anos da súa vida. Constituíuse en museo no 1971 despois de ser restaurada polo
Patronato Rosalía de Castro.
Conta con material didáctico e audiovisual que permite comprender mellor a vida e obra da poeta. O alumnos fixeron un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, puideron apreciar a verdadeira dimensión da emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora. Na primeira planta, denominada “O seu”, observaron recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.
En Padrón tamén tiveron tempo de visitar o xardín botánico e artístico da vila. Pasearon por debaixo das árbores por onde camiñaba Rosalía e descubriron a sequoia que leva o seu nome.
Fronte ao Edificio de Alfolí do Sal, que foi durante séculos monopolio da distribución do sal en toda a ría de Arousa, o alumnado fixo un recitado colectivo de poemas de Rosalía.
Tiveron tempo para visitar á Igrexa de Santiago de Padrón onde se atopa o “Pedrón”, ara romana que segundo a tradición xacobea foi o punto de amarre da barca que transportou desde Palestina ata Iria Flavia o corpo sen vida do Apóstolo Santiago.
Museo do Pobo
Galego
Situado no convento de Santo Domingo de Bonaval, en pleno Camiño de Santiago, a súas salas acollen aspectos do mundo do mar, do campo, oficios ou arquitectura tradicional. Os rapaces e rapazas recitaron poemas e ademais percorreron algún dos lugares máis representativos da cidade.
Visita didáctica a cidade de Lugo
Ademais o pasado 11 de abril, o alumnado de 1º de ESO do IES Cosme López Rodríguez, estivo en Lugo participando en varias actividades didácticas organizadas polos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia.