
Tal día coma hoxe, en 2017, comezabamos a nosa andadura nesta emisora, no 92.0 da FM, en Radio Valdeorras Onda Cero. Faciámolo da man da nosa madriña, Laura Alonso Oria e con María Fernández ao mando desta emisora. Ese día tamén nos acompañaban dous dos socios desta empresa familiar Teresa e Luís e colaboradores como José María, Óscar, Isabel, Patricia, Tinín, Ana de la Puente. Outros incorporáronse ao longo deste tempo: Carlos Julio, Pili, Mariví, Aurelio...
Hoxe, 8 anos despois, mudaron as voces, pero a esencia segue intacta. Agora somos Ana Domingo, Alicia Blanco, Paz Lameiro e Sonia Rodríguez. Seguimos sendo un medio local que, de luns a venres, lles achega a todos vostedes a actualidade da nosa comarca: cultura, empresa, deporte, sucesos…

Ana Domingo e Alicia Blanco son as que lle poñen voz ás mañás na única emisora que ten estudio propio na comarca. Emite no 92.0 desde Valdeorras para toda a contorna.

Arrincamos un novo ano cunha ilusión renovada, coa mente posta en novos retos e o corazón decidido a seguir avanzando xuntos. Cada paso que demos foi posible grazas á vosa confianza e apoio, e por iso queremos expresar o noso máis profundo agradecemento por compartir esta camiñada connosco.
Desde Radio Valdeorras desexamos que este 2025 veña cheo de grandes momentos, novos desafíos e moitos éxitos. A vosa fidelidade é o motor que nos impulsa a informar cada día con rigor, proximidade e un compromiso firme coa nosa comarca.

Que cada día deste ano sexa unha oportunidade para construírmos, man a man, un futuro mellor. Grazas por estar sempre aí, por ser parte desta viaxe e por permitirnos ser a vosa voz e o espello da realidade.

Seguiremos aquí, fieis ao noso compromiso, avanzando convosco e celebrando cada novo capítulo desta historia compartida. Grazas por seguir aí, fieis á nosa sintonía, e por facernos parte do voso día a día. Por moitos máis anos xuntos en Radio Valdeorras Onda Cero!
