viernes. 19.04.2024

O edil destacou que foi o propio Club Adas o que pediu os horarios para a utilización das instalacións de Calabagueiros

O pasado 27 de maio as instalacións deportivas do Barco reabriron as súas portas, aínda que cunha serie de medidas recollidas nun protocolo de actuación. Este trouxo consigo unha gran polémica en referencia aos horarios, xa que moitos dos atletas do Club Adas considerábanos insuficientes para realizar un adestramento en condicións.


Aurentino Alonso concelleiro de deportes do Barco destacou que foi o propio club o que decidiu os horarios. «Nos cumprimos cos protocolos que nos manda a lei, que neste caso é o Boletín Oficial do Estado. Con respecto as pistas de Calabagueiros consensuouse coa directiva do Adas, eles foron os que nos pediron os horarios».

Outra das novidades relacionadas neste caso coa provincia son referentes ao vial de San Vicente -OU0807- xa que Alonso anunciou que terminou o proceso administrativo de expropiación ao desestimar as alegacións das 2 empresas que as realizaban. Isto significa que para continuar coas reclamacións deberán ir por vía xudicial. O edil provincial destacou que proximamente se poderán ocupar os terreos e falar de proxectos como o ideado polos propios veciños da localidade de crear unha pista que se una cun camiño que leve ao pobo.

Pleno

Este venres Aurentino Alonso terá pleno na Deputación de Ourense, aínda que non acudirá fisicamente, se non de forma telemática, entre as mocións que presenta o grupo socialista atópase a que pide que haxa un plan único de distribución de orzamento co fin de que este sexa transparente. Segundo Alonso a maior parte distribúese a concellos afíns ao grupo popular. «Estamos constatando que máis do 80% estase adxudicando para os concellos son do Partido Popular, tamén pediremos que os fondos de cooperación poidan ter como obxecto outros fins que non sexan os que exclusivamente estaban no plan inicial».

Outra das mocións está relacionada co mundo empresarial e social, pedindo unha serie de partidas. As que pedirá o grupo socialista son: De emerxencia social extraordinaria, voluntariado provincial, desinfección vírica de todas as rúas da provincia, de conciliación laboral, traslado ao ámbito do domicilio en materia de rehabilitación e terapia ocupacional, axuda a persoas sen fogar, loita contra a fenda educativa, subvención para os desempregados por mor do COVID-19, axudas para as empresas que pecharon durante o Estado de Alarma e duplicar a partida para o ComerciOU, que é unha liña de axudas do ente provincial.

Dende o grupo socialista tamén denuncian a utilización de fondos de forma particular. «Estanse adxudicando moitos contratos a dedo, sen ningún tipo de procedemento no que se poidan presentar outras empresas. Nestes últimos tempos adxudicaron no orden de 1.135.000 euros en obras menores. Estas danse a unha empresa en particular ou a unha persona para suministrar un producto. Esto é impropio do tempo no que estamos, xa que a Lei de Contratos do Estado esixe que haxa unha competencia».

Segundo Alonso de 27 contratos menores na provincia, 26 non tiveron competencia con baixa final do 0,0005% correspondente a 6,56 euros. Na única que houbo competencia terminou cunha baixa de 6.000 euros, subliñando o edil que isto aforraría moito diñeiro ao organismo provincial no caso de que os outros 26 contratos tivesen diferentes ofertas.

Dende o PSdG-PSOE tamén notaron irregularidades na comarca. «Constatamos que esto ao que lle chaman obras menores, 4 das mesmas foron executadas por empresas de Ourense e tiveron que subcontratar entidades da zona para facer a execución real da obra. Esa empresa o único que fixo foi de intermediario, en vez de gañar diñeiro ás empresas que son subcontratadas o gañan as subcontratistas. É unha denuncia que estamos facendo continuamente» destacó el edil socialista.

Se queres escoitar todo o que dixo Aurentino Alonso podes facelo na siguiente ligazón:

Aurentino Alonso: «Eles foron os que pediron eses horarios»