Bodegas Sampayolo e Cumbres de Trevinca, no Salón Gourmets 2022
A provincia de Ourense participará, por primeira vez, no Salón Gourmets 2022, a través do Inorde que levará a 12 micro empresas como coexpositores nesta Feira de Alimentación e Bebidas de calidade, que se celebrará no recinto feiral de IFEMA, Madrid, desde o 25 ao 28 de abril de 2022.
Entre as empresas que estarán co Inorde como coexpositores pertencen a diferentes sectores agroalimentarios. Entre elas, estará Bodegas Sampayolo de Petín que participará co seu viño tinto e branco da D.O. de Valdeorras e “Cumbres de Trevinca” do sector lácteo a través da cal se darán a coñecer os “Sabores de Trevinca” que aglutinan os produtos que se elaboran no municipio da Veiga —queixo artesán de alta montaña, mel das montañas de Trevinca e a Faba Loba—.
O stand do Inorde está deseñado con doce módulos para que cada unha das empresas participantes poidan expoñer e promocionar os seus produtos. Ademais, haberá un espazo habilitado para que os produtores ouresáns poidan manter reunións de traballo con outras empresas do sector facilitándolle a posibilidade de que establezan novas relacións comerciais.