A disparidade do alumnado do colexio de Vilariño de Conso é un valor engadido

Dos nove alumnos cos que conta o centro un é catalán, outro andaluz, e dúas nenas son de Siria

O colexio  de Vilariño de Conso conta este ano con 9 alumnos. Uns do propio concello e outros de procedencia moi diversa: dúas nenas sirias, un neno andaluz e outro catalán. A chegada de dúas novas familias ó municipio fixo que o colexio se mantivera aberto.

Impartindo as clases hai dous mestres fixos, Brais e Felix—o pasado ano só había una profesora— e dous máis itinerantes —só dan clase un día a semana—. Rebeca que é a «profe» de audición e linguaxe vai os martes e o de relixión o venres.

Na fila antes de entrar a clase

O edificio de grandes dimensións reflicte o que noutra hora, foi a comunidade educativa deste concello de menos de seiscentos habitantes que é un dos máis grandes —en extensión (200.000km2)— da provincia. Sala de música, de informática e robótica, de pimpón, de xogos, de billar, biblioteca, ximnasio, dous patios de xogo, horto, comedor, cociña e unha morea de aulas valeiras conforman a estrutura.

Un día cos nenos

do «cole» de Vilariño de Conso

Chegamos ás 8:50 para saber o que acontecía na fila e alí xa fomos coñecendo ós sete nenos e nenas que ese día asistiron ás clases. José Antonio, Uxía, Layane, Emilio, Ismael, Mario e Diego fixeron a asemblea cuxo encargado foi José Antonio —un neno de Sabuguido que acaba de chegar de Estepona, Andalucía— a quen axudou Mario. Na asemblea pasan lista, din os días da semana, miran a quen lle toca facer as tarefas ou o que teñen de comida, tamén o horario das materias. Para rematar contan as historias máis salientables do día anterior.

Na asemblea falaron de Lina a súa cociñeira, dos animais, das tarefas

Na seguinte ligazón poderás escoitar o espazo «Menuda tropa», emitido en Radio Valdeorras Onda Cero o pasado mércores: