jueves. 18.04.2024
Vilariño

A directora de Xuventude da Xunta visitou Vilariño de Conso

Cristina Pichel visitou os campos de voluntariado da Xunta de Galicia que se están realizando en Vilariño de Conso

O Concello de Vilariño de Conso recibiu este xoves a visita da directora de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que se achegou ata a localidade para coñecer de primeira man o traballo dos voluntarios nos campos de traballo promocionados polo ente autonómico.

Cristina Pichel -no centro- durante a súa visita a Vilariño de Conso

Alí pudo observar as tarefas desenvoltas ata o momento polos membros do campamento, que lle trasladaron o seu benestar na localidade e o desexo de poder prolongar a súa estancia en Vilariño. Así mesmo, Pichel tamén visitou o albergue da localidade, lugar onde pernoctan e residen os asistentes ao campamento.

A directora de Xuventude da Xunta visitou Vilariño de Conso