viernes. 29.03.2024
Vilariño

Melisa Macía: «O panorama é desolador»

O incendio afecta nestes intres a máis de 200 hectáreas e conta con apoios aéreos chegados dende o resto de Galicia, Asturias e León

Ás 02,22 horas desta madrugada comenzaba un incendio forestal no Concello de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 200 hectáreas.

Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 2 axentes, 7 brigadas,  4 motobombas e 1 pa, 8 helicópteros e 6 avións. Os medios aéreos desprazados ata Vilariño proceden de Galicia, León e Asturias.

A alcaldesa da localidade Melisa Macía subliñou respecto a este incendio que o panorama e desolador, chegando os propios veciños de Sabuguido a ter que saír das casas para apagar as lapas durante a madrugada, malia que o lume non chegou as vivendas, sí que arrasou con colmeares e soutos. «Foi unha noite moi complicada, despois cambiou o vento e extendeouse hacia arriba e non quemou o medio de vida dos veciños que é a gandería».

A zona na que se produciu o incendio pertence ao Macizo Central, está protexida e ten un valor ecolóxico engadido, nas últimas horas o incendio colleu dirección hacia o Parque Natural do Invernadeiro. Como dato, a rexidora destacou que fai apenas unha semana tiveron no pobo de Sabuguido unha reunión cos veciños, xa que algunhas fincas non estaban limpas malia a obrigación de rozalas antes do 16 de xullo.

Dende o consistorio darán 15 días máis de prazo para que se faga a limpeza de parcelas, asegurando que non lles temblará a man a hora de sancionar a os donos das fincas, tamén o farán cos pirómanos que en palabra da alcaldesa «Queren acabar co noso concello».

Se desexa ver todo o que salientou Melisa Macía, pode facelo premendo na ligazón do vídeo:

Fotos: Uxía Guerra.

Melisa Macía: «O panorama é desolador»