sábado. 20.04.2024
Vilariño

Celebración do Día Europeo dos Parques Naturais en Vilariño de Conso

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Ángeles Vázquez, visitou xunto ao delegado territorial da Xunta no Día Europeo dos Parques Naturais

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou este luns acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o Parque Natural do Invernadeiro, con motivo do día europeo destes espazos, que neste ano leva por lema Parques: a próxima xeración.

Alí salientou que Galicia é unha rexión referente no continente, grazas aos seus seis parques naturais e ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.



Segundo manifestou a conselleira o Goberno galego traballa en dúas direccións para mellorar e conservar o patrimonio natural que atesoura a Comunidade.

Subliñando que nos últimos dous anos mobilizouse un orzamento de máis de 5,3 millóns de euros para conservar os valores que os parques naturais e o parque nacional, entre as que están incluídas os 1,17 millóns de euros de axudas concedidas a empresas, particulares, concellos e asociacións ambientais.



Por outra banda, coa elaboración de plans reitores de usos e xestión, uns instrumentos que permiten o equilibrio necesario entre o usos destes espazos e a súa imprescindible conservación. No 2019 aprobouse esta figura para os PRUX de Serra de Enciña da Lastra e O Invernadeiro.

Proxecto para os fondos europeos

Segundo manifestou a conselleira, este traballo non cesa e por iso a Xunta opta aos fondos europeos do plan de recuperación estatal cun ambicioso proxecto para a conservación da biodiversidade e do patrimonio na Rede de parques naturais de Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente aproveitou a visita para agradecer o traballo que realiza cada día o persoal dos parques, un labor crucial para custodiar a riqueza natural que agochan estes lugares e para concienciar a quen nos visita. Neste sentido, recordou que este mes de maio se estreou un novo programa de voluntariado ambiental con case 230 prazas para a realización de 20 actuacións nos sete parques de Galicia, así como noutros espazos protexidos. O obxectivo deste novo programa é fomentar a implicación dos mozos no coidado da natureza.

Aclarou que no caso do programa de voluntariado en O Invernadeiro, esta actividade celebrarase entre o 11 e o 13 de xuño, e está aberta a doce participantes no albergue de Vilariño de Conso.


Celebración do Día Europeo dos Parques Naturais en Vilariño de Conso