viernes. 19.04.2024
Vilamartín

Vilamartín asou 50 quilos de sardiñas na fogueira de San Xoan

 A Asociación de Coveiros de Vilamartín en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais Cima de Vila organizaron o domingo, 23 de xuño o San Xoán en Vilamartín.

As nove da noite unha gran fogueira ardía na praza de José Luis Núñez para logo coas brasas facer a saborosa sardiñada.  Polo prezo de 2 €, os asistentes comeron sardiñas a esgalla, untadas en pan e regadas con viño de Valdeorras.

A sardiñada achegáronse sobre 50 persoas que comeron as sardiñas ben fresquiñas asadas a grella polos organizadores.



Logo para non se

ir a cama co bocado na boca, un bailiño ao son da discoteca e tamén porque non,

un refrixerio nos bares de pobo que de algo teñen que vivir.

Noite máxica a vivida a noite do 23 de xuño en Vilamartín.

Fotos cedidas e Sonia Rodríguez

Vilamartín asou 50 quilos de sardiñas na fogueira de San Xoan