viernes. 19.04.2024
Vilamartín

Os Reis Magos visitaron ao alumnado do colexio de Vilamartín

 

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]Os nenos e nenas do Ceip José Manuel Folla Respino de Vilamartín celebraron o Nadal entre cantos, bailes e representacións teatrais, os que asistiron ademais dos pais, nais e familiares dos rapaces, moitos maiores da Residencia de Valdegodos.

 

 

O colexio de Vilamartín elixiu a mañá do venres 21 de decembro para facer o seu festival ao que asistiron os Reis Magos que entregaron agasallos a todos os nenos e tamén aos profesores, por xentileza da ANPA. Os maiores  asistentes tamén recibiron dos rapaces, ademais de cariño, bolsas de caramelos obsequio da ANPA. Esta asociación será a encargada de organizar un belén vivinte na praza José Luis Núñez de Vilamartín o próximo 24 de decembro a partir das 11:30 horas.

 

 

O recibidor do colexio vestiuse de Nadal cun belén feito polos rapaces presidido pola figura xigante do «Apalpador». Tamén se puideron ver as postais feitas polos rapaces así coma pedras de río con decoracións navideñas coas que agasallar aos seus.

 

 

Fotos Cedidas[/double_paragraph] [/row]

Os Reis Magos visitaron ao alumnado do colexio de Vilamartín