Xogaron nos anos 70 e até estiveron federados
Onte a tarde, os
membros do C.D. Vilamarín volvéronse a reunir . A primeira xuntanza destas «vellas
glorias» tivo lugar no 2015. Desde aquela quedoulles bo sabor de boca e
decidiron xuntarse este venres, 19 de xullo.
A primeira toma
de contacto, ao igual que hai dous anos, foi no campo que os viu xogar hai 30
anos— o do Bañadoiro, en Vilamartín—. Tempo para recordar, para contar anécdotas. A palabra máis empregada, sen dúbida foi: «Acórdaste
cando...».
Cincuenta destes
deportistas, árbitros ou adestradores
déronse cita onte primeiro para enredar co balón e logo para dar conta dunha
cena de confraternización, onde as fotografías foron o aperitivo da velada.
O CD Vilamartín
estivo federado na década dos 70 e no equipo estiveron moitos dos presentes. No
2015 facían a primeira xuntanza, daquela eran uns poucos menos, e quixeron
repetila cada ano pero «por unha cousa ou por outra fómolo deixando», aseguraba
Manuel Núñez, un dos organizadores do evento.
Onte volvéronse a
xuntar, para recordar e tamén para estreitar, se cabe un pouco máis, os lazos
de amizade entre eles.