martes. 28.06.2022
Vilamartín

O fallo do xurado do I Premio de Poesía de Florencio celebrarase cunha gala

O I Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán otorgará o galardón ao gañador do concurso nun pequeno acto que terá lugar o sábado día 29 de setembro ás 13:00 horas en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras. Será neste acto onde os membros do Proxecto As Letras de Florencio darán a coñecer tamén o nome dos cinco finalistas.

Tras o acto e continuando ca xornada, xa pola noite, ás 21:00 horas, o Centro Cultural Avenida da Rúa, abrirá as súas portas para acoller unha gala cargada de música, poesía e humor. Dende a organización explican que as encargadas de guiar o acto serán María Lado e Lucía Aldao, «dúas das poetas máis importantes do panorama literario galego actual». O domingo haberá máis sorpresas.

Se deseas escoitar a entrevista á directora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez, podes facelo aquí:

Comentarios
O fallo do xurado do I Premio de Poesía de Florencio celebrarase cunha gala