sábado. 20.04.2024
Vilamartín

O colexio de Vilamartín acatou as ordes do Meco

Co gallo da celebración do Entroido, no CEIP José Manuel Folla Respino de Vilamartín colocaron o Meco, quen cada día, da semana de Entroido, deulle unha orde que os nenos e nenas do colexio tiñan que cumprir.

os máis pequeniños de exipcios

Con palabras como: «Xa estou aquí para o Entroido anunciar, atendede ben as ordes que vos vou dar para este Entroido a paz e a amizade celebrar», o Meco ordenou o que debían vestir os rapaces a semana do Entroido.

Elas están vestidas co pixama como ordenou o Meco

O luns tocou levar pixama, o martes saia, a metade da semana houbo que por algo na cabeza, o Xoves de Comadres tocou acudir ao centro educativo ven «glamurosos», rematando o venres coa temática: Épocas da historia.

Os profesores, auténticos césares

De homes prehistóricos, de faraóns de Exipto ou metidos de cheo no papel de romanos, os rapaces pasárono moi ben correndo, saltando, xogando e trouleando, ademais de aprender un pouco da época do seu disfraz, tamén aprenderon cousas dela. Estudiaron o relativo a esa pasaxe da historia, fixeron un mural con debuxos, leeron sobre o tema, e dicir, aprenderon divirtíndose.

Pais e profes axudando coa merenda

A mañá do venres foi moi especial, «día grande», como sinalou a súa directora, Ángeles Trincado: «con desfile, bailes das comparsas e para rematar, degustación de doces típicos do Entroido». Trincado agradece una vez máis ás familias a súa colaboración, facendo extensivo o agradecemento a os profesores e alumnado.

O colexio de Vilamartín acatou as ordes do Meco