domingo. 02.04.2023
VÍDEO

Masiva participación no arranque da Feira do Viño de Quiroga

Pablo Chiapella Cámara pregoeiro desta trixésimo séptima Feira do Viño de Quiroga engaiolou os miles de asistentes e foi o verdadeiro protagonista do concurso de camisetas

A primeira xornada da XXXVII Feira do Viño de Quiroga comezou coa inauguración do recinto da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Seguiu o Desfile das bandas pola rúa Real e a continuación actuación na praza de España, no que estivo presente o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense Xosé Lois Foxo. O grupo de gaitas Alecrín fixo o propio no recinto feiral.

Os dous finalistas do concurso de camisetas con Pablo Chiapella

Xa pola tarde recepción de autoridades no Museo Etnográfico e logo actuación no Auditorio Municipal da Coral Polifónica de Quiroga, Grupo de Gaitas Alecrín, Grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga. Rematadas as actuaciones, entrega de premios do XVI Certame Cartas de Amor Vila de Quiroga, convocado por el Área de Xuventude.

O alcalde e o pregoeiro brindaron con viño de Quiroga ao final do acto

Pola tarde, e sen dúbida o programa estelar da xornada foi o pregón de Pablo Chiapella e o concurso de camisetas. Máis dunha decena de participantes que tiveron entre o público os seus maiores admiradores. O gañador ao finalizar o acto tirouse do palco e o seu grupo levouno en volandas polo resto da festa.

Vídeo do brinde de Pablo Chiapella na Feira do Viño de Quiroga:

Co espectáculo do Grupo Atenas rematou esta primeira e exitosa xornada da Feira do Viño de Quiroga.

O gañador do concurso sae en volandas polos seus compañeiros

Para a xornada de hoxe a partir das 12:00 horas o grupo de gaitas O Recanto animará a alborada no recinto feiral. Para as 12:30 horas tendrá lugar a recepción de autoridades na Casa Consistorial e logo a entrega de trofeos aos cosecheiros de Quiroga.

A charanga Fuego amenizará a tarde no recinto feiral.


Comentarios
Masiva participación no arranque da Feira do Viño de Quiroga