Noite Branca moi animada e con moito calor que invitou a saír a xente polas rúas do Barco co que o obxectivo, “potenciar as ventas no comercio quedou conquerido”.
Trinta establecementos participaron na presente edición que fixo a número cinco, no que se fixeron descontos e se agasallou con petiscos.
As rúas estiveron animadas por as charangas Mekanika e Támega que fixeron bailar e desfrutar aos viandantes.
Nos establecementos hostaleiros A larpeira, Divino Paseo, La Maltería, Piquiño Restaurante e Vinum houbo degustación de pinchos especiais para o evento.
Mostra de Zumba das Escolas Deportivas do Concello do Barco, diferentes grupos de diferentes idades bailaron os seus temas preferidos.