viernes. 29.03.2024
Terras de Trives

San Xoán de Río busca eliminar o feísmo das súas rúas

Dende o concello están a acometer diferentes obras na vila co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños e atraer a futuros visitantes

O Concello de San Xoán de Río está a acometer unha serie de obras co fin de adecentar a vila e os diferentes núcleos de poboación que forman o municipio para mellorar a calidade de vida dos veciños e tamén dos futuros visitantes.

Na propia cabeceira municipal veñen de adecentar as zonas axardinadas do entorno da igrexa e Praza Gabino Rodríguez Álvarez. Con estes traballos buscan reducir os costes de mantemento destas zonas, melloralas estéticamente, que a vexetación sexa acorde ao patrimonio e evitar o abandono destes lugares.

Dende o consistorio tamén decidiron apostar polo formigón como solución para a mellora dos firmes nos pobos, por elo este venres fíxose unha mostra de formigón impreso en San Xurxo. Con esto cada aldea pode elixir a súa cor e o seu modelo de impresión.

Para este núcleo de poboación elexiuse simulación de louxa, cunha cor gris oscura e un impreso simulando pedras de louxa. O deseño poderá ser visitado por todos os veciños da localidade, e nos lugares onde sexa necesario reparar o firme, optaráse por esta solución.

Mostra de cemento feita en San Xurxo

O fin das melloras e que o firme duren polo menos 20 anos, sustituíndo os regos que provocan múltiples problemas no alcantarillado, evitando a súa vez o feísmo, reducindo a súa vez os costes de mantemento e o abandono sistemático destes lugares.

Sendo Patrimonio da Humanidade neste ano, San Xoán de Río participa na candidatura da Ribeira Sacra, «Temos que evitar feísmos e ter os nosos pobos nas mellores condicións para os veciños coidando a súa estética» detallou o rexedor Xose Miguel Pérez.

Subvencións

Estes días o goberno municipal está solicitando diversas subvencións para facer máis melloras na vila, entre elas o arranxo dos viais que levan as zonas de San Silvestre ou Seoane.

Obradoiro

A próxima semana presentarán un obradoiro de emprego xunto aos concellos de Chandrexa, A Pobra de Trives e Manzaneda. Este contará con 20 integrantes que traballarán durante os próximos 9 meses nun periodo que tamén contará con periodos lectivos.

Cambio de luminarias e ludoteca

Estes días estase a realizar o cambio das luminarias co fin de aforrar custos. Ademáis tamén acaban de rematar a o parque infantil-ludoteca.

San Xoán de Río busca eliminar o feísmo das súas rúas