jueves. 28.03.2024
Terras de Trives

A choiva rendeuse ó baile das Mázcaras en Manzaneda

Oito fulións tomaron parte no pasarrúas pola vila para depois reunirse no xantar popular

Parecía que non ía ser posible. Á primeira hora da mañá todos os veciños e veciñas de Manzaneda miraban ó ceo e non parecía que a choiva fóra a dar un respiro. Aínda así, non houbo dúbida, había que celebrar o Día Grande do  Entroido, data na que os fulións do Concello coinciden na capitalidade da vila. O seu son invadiu todos os recunchos da vila.

Os pequenos levan o baile no sangue

Finalmente, aínda que o orballo fixo acto de presenza nalgúns intres, as Mázcaras  bailaron sen parar. Bombos, cornas, aixadas, gadañas, tapadeiras de olas e demais instrumentos de labranza fixeron que ós fulións encheran as rúas cos diferentes toques.

O desfile polas rúas da vila comezou ás 11.30 horas, ca saída das  Mázcaras e fulións do patio do colexio. Os encargados de abrilo foron os da «Mourela  para acá», o máis numeroso debido a que, como explica Amable Fernández, —alcalde de Manzaneda—, congrega a xentes de varias parroquias.



No pasarrúas non faltaron os folións de Trives: Os Labregos, As Maceiras e A Caniceira. A lardeira de Piñeiro de Trives e Xuntos polo foliónde Vilariño de Conso tamén deixaron ouvir os seus toques.

Tres xeracións do folión das Maceiras tocando xuntos, o avó ten 90 anos

Tras o paso dos folións invitados outro dos da casa, o de Santa María de Cesuris. Destacar que levaba un gaiteiro encabezando o fulión así como un «toro e o toureiro».Os Labr de la parroquia de Cesuris, 3 folións de Trives y el de Vilariño de Conso.

Mázcaras de Santa María de Cesuris , o fondo toro e toureiro

O peche correu a cargo doutra agrupación numerosa de Manzaneda, O Fulión de San Martiño. As mázcaras leban gardadas debaixo dos puchos de cintas brilantes obxectos tan dispares coma, bonecos vestidos con traxe rexional, unha pandereta, a bola do mundo ou unha fonte.

Detalle da pandereta metida baixo as cintas da mitra ou pucho

«O toque, practicamente, é o mesmo. O máis bonito é que podemos ver a xente maior e tamén a nenos e nenas de 4   ou 5 anos. É un orgullo que todos se impliquen tanto», explicou o alcalde, Amable Fernández.

Corna do folión da Mourela para acá

E é que neste municipio, o Martes de  Entroido é o Día Grande do  concello. «Aquí conflúen todas as parroquias. É máis importante que a festa de verán», subliñou Dani Domínguez «Tariro», da Mourela para acá .

Dani Domínguez botando un grolo e repondo forzas a mitade do percorrido

Una vez rematado o percorrido foi o momento do xantar popular no que se deron cita1065 comensais. No menú, chorizo cocido, empanada, carne ó caldeiro, bica y viño. «Había máis xente interesada, pero o pavillón ten o aforo que ten», dixo o alcalde o respecto.

Chourizo con cachelos do menú do xantar

A choiva rendeuse ó baile das Mázcaras en Manzaneda