As dúas da tarde comezaba o xantar que reunía na praza do Reloxo de Trives a mais de 500 persoas. Deuse boa conta do menú que, este ano, estaba composto por pulpo, carne o caldeiro, viño, licor café e o exquisito manxar que da nome a festa, a bica. Celebrouse esta cuadraxésimo terceira edición nunha nova ubicación, no centro da vila, na praza do Reloxo, os anos anteriores fora na finca da Barreira, e xa hai mais anos en Cabeza Grande, como nos recordaba un dos asistentes que, rememoraba aquelas merendas de mantel, no prado, na que se subía ca carabela e pasábase o día con familiares e amigos, bailando o son da gaita, contando contos ou xogando as cartas.
De lugares tan dispares como Bélxica, Uruguay, Barcelona, Ávila, Sevilla ou Teruel, acudiron a Trives para saborear “un postre, que é a bandeira de Trives, a bica”, como nos dixo o seu alcalde, Francisco José Fernández.
Pero a bica non foi o único que encandeou os que viñeron de fora, a paisaxe e as xentes tamén os namoraron. Os visitantes salientaron que o fresquiño destas terras altas e a paisaxe foron os que motivaron a súa viaxe, o que corroborou o rexedor, “a paisaxe, é un dos nosos potenciais turísticos e noso patrimonio natural. É un dos motivos polos que veñen os visitantes a pasar uns días de lecer. Os recursos naturais son fundamentais no noso municipio, temos montaña e ribeira, nestas datas multiplicamos por cinco os habitantes”.
O festexo estivo amenizado pola charanga Nova Terras de Trives, o son dos que, os comensais bailaron o remate do xantar e pasaron un ratiño agradable e divertido. A xornada rematou con un certame de corais, no auditorio Julio Vázquez, onde se celebrou o 25 aniversario do Orfeón de Trives.