As altas temperaturas que estamos a sufrir durante os últimos días, fixeron que, o baile das pantasmas e o desfile de bandeiras, previsto en Sobrado de Trives, para as 14:00 do domingo 7 de agosto, tivese que ser aprazado a noitiña, en espera a que a calor dise algo de tregua.
Estas pantasmas, son dúas figuras de principios do século XIX que foron rescatadas do seu abandono e restauradas pola Asociación Cultural Folión de Sobrado. Representan ao rei e a raíña e son necesarias catro persoas para facelas bailar, tal como nos contaba, Moisés Otero, o rei desta singular festa, que devolve Sobrado a Idade Media.
Nesta festa, na que, as rúas engalánanse con, bandeiras, pendóns e toda clase de blasóns, rememórase a anexión do Foral de Sobrado e o seu Mosteiro á Coroa de Felipe II. Hai un mercadiño medieval, con tendeiros vestidos de época. Tamén se fan xogos, torneos e concursos populares. Ate se elixe o rei e a raíña entre os veciños, este ano foron Moisés Otero e a súa dona Marina, os que cumpriron co encargo.
Na tarde do domingo faise una representación do Foral de Sobrado e o acto da inquisición. Todo remata sobre as once da noite ca queima da bruxa. O ano pasado foi indultada e este previse que tamén, debido o risco de incendio.