domingo. 08.06.2025
Rubiá

Acabáronse as cuncas na Convivencia das Adegas de O Val

Máis de 1400 cuncas se repartiron en O Val, Rubiá, na oitava edición da Convivencia das Adegas. Eran as dez da noite e xa non quedaban panos nin cuncas que mercar para poder tomar o viño das adegas participantes na festa.

Pinchos de queixo, xamón, chourizo, empanada, lacón, ovos e ate de tomate para os que queren comer mais san, foi o que acompañou ó viño polas adegas de O val na tarde noite do 20 de agosto.

Esta Convivencia estivo organizada un ano mais pola Asociación de Veciños de Adegas de O Val e amenizada por unha charanga

Acabáronse as cuncas na Convivencia das Adegas de O Val