sábado. 20.04.2024
Petín

Santiago sae polas rúas de Petín co seu acio de uvas na man

O son das gaitas esperta aos mais durmiñóns na mañá de Santiago. A alborada do grupo «Airiños de Portela» deixase ouvir pola Ponte, A Veiguiña, Santiago, A Carreira, A Calle da Mata, O Sobredo e Castrofolla.

Logo son as campás y a salva de bombas as que rompen o silencio, a imaxe do Santo está procesionando polas rúas de Petín co seu acio de uvas collido nalgunha das viñas dos arredores. Como é de costume mentres uns procesionan a veira do santo outros agardan nas “capelas” da praza.

Ao saír da misa sesión vermú coa orquestra Pontevedra nunha praza ateigada de xente onde o calor deixábase sentir e apuraba os tragos de cervexa.

Xa pola tarde, as 17:00 horas no Bar Pitón campionato de tute, que acada este ano a décimo primeira edición, o premio para o gañador, un xamón.

Festa e verbena coa Orquestra Pontevedra que, como non pode ser doutro xeito, fará bailar a veciños e convidados.

Santiago sae polas rúas de Petín co seu acio de uvas na man