jueves. 30.03.2023
Petín

Galería. Día da Muller en Petín

Levaban desde o 2019 sen reunirse as mulleres no día delas, no 8-M e este sábado, 11 de marzo, volveron a retomar o festexo e a súa cea. Foron case 200 as femias que se deron cita no pavillón do Teleclub para pasar un momento distendido e divertido.

Un menú formado por empanada, entremeses variados e unha espectacular paella serviu para compartir conversas, risas e pasar un bo rato.

Non foi o único acto que o concello levou a cabo para conmemorar este día. O 8 de marzo, os veciños reuníronse no concello para escoitar o manifesto lido por Mencía Yano, a escritora valdeorresa que vive na localidade.

 

Galería. Día da Muller en Petín